Igor Volk
Aparencia
Igor Petrovich Volk, nado en Zmiiv (Ucraína) o 12 de abril de 1937 e finado o 3 de xaneiro de 2017, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Soiuz T-12.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Volk graduouse na Escola Militar de Pilotos de Kirovograd e no Instituto de Aviación de Moscova en 1956 cun grao de enxeñaría. En 1969 acadou o grao de coronel, adestrando para ser cosmonauta entre decembro de 1978 e xullo de 1980. Foi piloto de probas do transbordador espacial Buran. Participou na misión Soiuz T-12, pasando 11,80 días no espazo. Faleceu en 2017.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Volk, Igor Petrovich" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Spaceflight Insider, ed. (4 de xnaeiro de 2017). "Cosmonaut Igor Volk dead at 79" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2022. Consultado o 27 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igor Volk |