Saltar ao contido

Identidade Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Identidade Galega
Tipopartido político
Ideoloxíagaleguismo
Data de fundación19 de outubro de 2004
Na rede
http://identidadegalega.blogia.com/
editar datos en Wikidata ]

Identidade Galega (IDEGA) é un partido que se declara identitario, galeguista de centro, antiliberal, contrario a globalización e herdeiro da Dereita Galeguista de Vicente Risco e Xosé Filgueira Valverde, influenciada directamente pola corrente de pensamento coñecida como Nouvelle Droite francesa, de Alain de Benoist, e nas súas candidaturas figuran membros de forzas republicanas de ámbito español, como o Movimiento Social Republicano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Identidade Galega legalizouse o 19 de outubro de 2004 e o 4 de novembro celebrou a súa Primeira Asemblea Xeral. Contaba con arredor de 50 militantes, os seus principais dirixentes foron Xosé Lois Pérez e Xoán Lois Manteiga. O 7 de setembro de 2005 anunciou a súa integración no Partido Galeguista. En xuño de 2006, os militantes do partido deixaron o PG e reconstituíron o partido en oposición á política sobre inmigración desenvolvida polo PG. O seu programa reflectía unha política etnicista, contraria á inmigración, galeguista, social, con posturas próximas ao identitarismo.
Nas eleccións autonómicas de 2005 presentouse pola provincia da Coruña con Manuel Ambite como candidato á Presidente da Xunta, e obtivo 376 votos.

En 2015, presentouse ás eleccións municipais cunha candidatura por Arteixo que logrou 45 votos (0,32% do total).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]