Saltar ao contido

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «IGFAE»)
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
Logo
Tipoinstituto de investigación
Data de fundación2 de xullo de 1999
Director/aCarlos Salgado
Organización matrizUniversidade de Santiago de Compostela
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://igfae.usc.es/igfae/gl/
editar datos en Wikidata ]
Publicación con participación de xente do IGFAE
Publicación con participación de xente do IGFAE

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) é unha institución dependente da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia[1].

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

Foi creado o 2 de xullo de 1999, seguindo a liña de aumento de actividade no campo de Física de Altas Enerxías da USC. Os seus obxectivos estratéxicos foron definidos como axente activo na planificación das grandes infraestuturas científicas no campo da Física de Altas Enerxías, Astropartículas, Nuclear e áreas relacionadas, e promover o tecido empresarial en relación á súa construción e mantemento.[2]

Actividades

[editar | editar a fonte]

Varios membros do IGFAE están entre os fundadores do LHCb, experimento dentro do Gran Colisionador de Hadróns (LHC, polas siglas en inglés) do CERN.

En 2018, persoal do IGFAE incorporouse á colaboración LIGO para a detección e estudo das ondas gravitacionais.[3]

No apartado de difusión, organiza periodicamente actividades tanto de difusión nos centros como de colaboración don outras entidades ou competicións de difusión científica.[4]

No 2019 a investigación está dividida en tres grandes liñas: Os límites do modelo estándar, Partículas cósmicas e física fundamental (traballando entre outros co Observatorio Pierre Auger na Arxentina), e A física nuclear do laboratorio á mellora da saúde das persoas.[5]

Organización

[editar | editar a fonte]

O director actual (2019) é Carlos Alberto Salgado López.[6]

Premios, distincións e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

No 2011 o grupo de Partículas cósmicas e Física Fundamental encabezado por Carlos Salgado, consegue unha Starting Grant para o proxecto 'Hot and dense QCD in the LHC era', para o estudo dos estados da materia a moi alta temperatura, con quarks e gluóns liberados até distancias equiparables ó tamaño do núcleo atómico.[7][8]

No ano 2015, o investigador Diego Martínez Santos acadou outra Starting Grant, neste caso para o proxecto "Challenging the Standard Model using an extended Physics program in LHCb".[9]

En xullo de 2017 o IGFAE foi acreditado como Unidade de Excelencia 'María de Maeztu' do sistema Español de Ciencia, tecnoloxía e Innovación (SECTI). Desde 2019, tamén forma parte da rede de centros CIGUS da Xunta de Galicia.

No 2019, Carlos Salgado consegue un Advanced Grant, como investigador principal do proxecto ‘Yoctosecond imaging of QCD collectivity using jet observables’ (YoctoLHC), na que tamén participan o Laboratório de Instrumentação e Física Experimental de Partículas de Lisboa (LIP) e da Universidade de Jyväskylä en Finlandia.[10]

En marzo de 2024, o Instituto acadou por segunda vez a acreditación como Unidade de Excelencia 'María de Maeztu', outorgada pola Axencia Estatal de Investigación[11]. Ata o momento, é o único centro galego en obter esta distinción.

  1. "Decreto do DOG nº 135 do 15/07/1999 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-01-25. 
  2. Caamaño, M; Chobanova, V.; Cid Vidal, X.; Edelstein, J. (Outubro-decembro 2018). "Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)". Revista Española de Física 32 (4): 50–56. ISSN 0213-862X. 
  3. "IGFAE joins LIGO Collaboration – IGFAE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-25. 
  4. "Science Week, 12-16 November 2018 – IGFAE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-27. 
  5. "Research – IGFAE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-28. 
  6. "Organization – IGFAE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-25. 
  7. Manuel (2011-06-29). "Investigador de la USC obtiene una Starting Grant de la UE para interpretar datos novedosos del LHC". Physics and Science (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-28. 
  8. Manuel (2011-06-15). "Europa otorga una prestigiosa distinción a un físico de la USC". Physics and Science (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-28. 
  9. "Challenging the Standard Model using an extended Physics program in LHCb | BSMFLEET Project | Fact Sheet | H2020". CORDIS | European Commission (en inglés). Consultado o 2024-03-14. 
  10. Redacción (2019-03-28). "O físico Carlos Salgado da USC gaña unha Advanced Grant de 2,5 millóns". GCiencia. Consultado o 2019-03-28. 
  11. "O IGFAE, acreditado como Unidade de Excelencia María de Maeztu". IGFAE. 2024-03-22. Consultado o 2024-03-26.