IES Pintor Colmeiro
IES Plurilingüe Pintor Colmeiro | |
---|---|
Enderezo | |
As Ferreiras, sn - Silleda | |
Datas | |
Creación | 1998 |
Inauguración | 1999 |
Educación | |
Ensinanzas | ESO, BAC, FP, Adultos/as |
Xestión | |
Tipo | Público |
Xunta de Galicia | |
Director | Mª Laura López Peña |
Outros nomes | |
IES de Silleda | |
Na rede | |
http://www.edu.xunta.es/centros/iespintorcolmeiro/ |
O Instituto de Ensinanza Secundaria Pintor Colmeiro é un centro público de ensino medio de Silleda.
Características
[editar | editar a fonte]Comezado a construír en 1998 e inaugurado en 1999, está situado ás aforas do núcleo urbano, ao pé da estrada que une esta vila con Forcarei. Leva o nome do pintor Manuel Colmeiro, nado no concello de Silleda.
Conta con 46 docentes e aproximadamente 390 alumnos repartidos entre a ESO, a educación de persoas adultas, o bacharelato e a formación profesional. Os ciclos de formación profesional que imparte son: ciclo superior de xestión de vendas e espazos comerciais, ciclo medio de actividades físico-deportivas no medio natural e ciclo medio de actividades comerciais.[1][2][3]
Dende setembro de 2011 ata xuño de 2024 o director do centro foi Xesús Fernández Sulleiro. O 1 de xullo de 2024 tomou o relevo na dirección do centro a docente Mª Laura López Peña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ C.M. de Actividades Físicodeportivas no medio natural
- ↑ "C.M. de Comercio". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019.
- ↑ CS XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS