Saltar ao contido

Hotel Ryugyong

Hotel Ryugyong
Edificio
TipoRañaceos
CustoUS$ 750 mill.[1]
LocalizaciónPionyang (Corea do Norte)
Coordenadas39°02′12″N 125°43′51″L / 39.036666666667, 125.73083333333
Uso(s)Hotel
Construción
Inicio1987[2]
Construción1987-2013[3]
Dimensións
Altura330,02[3] m
Diámetro159,98[3] m
Superficie360 000 m2
Altura da azotea330,02[3] m
Plantas105[3]
Equipo
Arquitecto(s)Baikdoosan Architects & Engineers[2]
ContratistaBaikdoosan Architects & Engineers (1987-1992)
Orascom Telecom (2008-2011)
editar datos en Wikidata ]

O Hotel Ryugyong (en chosŏn'gŭl, 류경려관; en hancha, 柳京旅館; McCune-Reischauer, Ryugyŏng Ryŏgwan; en hangul, 유경호텔; romanización revisada do coreano, Ryugyeong Hotel) é un rañaceos pendente de inauguración situado en Pyongyang, a capital de Corea do Norte.[4] O edificio tamén é coñecido como Edificio 105, debido ao número de plantas que ten. A súa construción remóntase ao ano 1987, pero detívose en 1992 debido a que o país entrou nunha época de crise despois da disolución da Unión Soviética.[3][1]

Pasado o ano 1992, o rañaceos alcanzou o tope, pero sen xanelas e sen acondicionamento interior. A obra proseguiu en 2008 e rematouse definitivamente en 2011, cando se acabou de acristalar o exterior. A apertura ao público programouse sucesivas veces, pero foise pospondo. Por mor diso, o edificio foi utilizado como obxecto de burla e mofa pola prensa estranxeira, referíndose a el como «O peor edificio do mundo» e «O hotel da fatalidade», entre outras denominacións.[1]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

O rañaceos ten unha altura de 330 metros, o que o converte nun símbolo destacable do panorama urbano de Pyongyang e, de lonxe, a estrutura máis alta de todo Corea do Norte. A construción do Ryugyong estivo pensada para que finalizase antes do décimo terceiro Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes de 1989 e conseguir ser o hotel máis alto do planeta. O aínda non rematado edificio non fora superado nese status por ningún outro, até 2009, cando se completou a Rose Tower en Dubai, Emiratos Árabes Unidos. Actualmente, o edificio ostenta a posición 76 entre os rañaceos máis altos do mundo —xunto ao China World Trade Center Tower 3 en Pequín, República Popular da China— e o quinto con máis plantas, xa que ten 105.

O edificio está formado por tres saíntes en forma de aleta de 100 metros de longo e 18 de ancho, formando un ángulo de 75 graos. Todos os saíntes converxen nun pináculo. No tope, o rañaceos posúe un cono truncado de 40 metros de anchura, no que hai oito plantas que se construíron para que rotasen e seis plantas estáticas. Desde as súas orixes, o edificio pensouse tamén para albergar cinco restaurantes xiratorios e, dependendo das fontes, de 3000 a 7665 habitacións.[5][6] Segundo o executivo de Orascom Construction Industries Khaled Bichara, o rañaceos pode ter outras funcións ademais das de aloxamento, como apartamentos, centros comerciais ou o restaurante xiratorio xa mencionado.[1]

Construción

[editar | editar a fonte]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Supostamente, o plan de facer un gran hotel xurdiu como resposta á finalización do hotel máis alto do mundo en 1986, o Westin Stamford en Singapur, por parte da compañía surcoreana SsangYong Group durante a Guerra fría. O goberno viu o proxecto como unha forma de entrada ao mercado para os investidores occidentais. Con iso, creouse a empresa Ryugyong Hotel Investment and Management Co., para captar 230 millóns de USD. Á súa vez, un representante do Goberno norcoreano prometeu unha delicada supervisión para permitir a investidores estranxeiros operar en casinos, clubs nocturnos ou en salóns xaponeses.[7] A compañía norcoreana Baikdoosan Architects & Engineers comezou en 1987 a construción do hotel.[2][8]

Detención do proxecto

[editar | editar a fonte]
Imaxe típica do edificio durante a época en que estivo inconcluso (1992-2008), co guindastre no alto.

A finalización do proxecto estaba programada para coincidir coa apertura do Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes en 1989, pero algúns problemas relacionados cos métodos de construción e os materiais atrasaron o seu avance.[9] De acabar a tempo, sería o sétimo rañaceos máis alto do mundo e o primeiro hotel en altura da época.[10][3]

En 1992, despois de que o edificio alcanzase o seu apoxeo arquitectónico, os responsables detiveron a construción debido á falta de fondos para a electricidade e á escaseza de alimentos no país, tralo colapso do bloque soviético.[3][1] A prensa xaponesa estimou o custo da construción en 750 millóns de USD, o 2% do produto interior bruto de Corea do Norte.[11][12] Durante máis dunha década, o rañaceos sen acabar estivo baleiro e sen xanelas, artefactos ou accesorios, reducíndose só á estrutura de formigón.[3] Moi simbólico era un guindastre de construción oxidado, que a BBC denominou como «un recordatorio da frustrada ambición do estado totalitario».[1][13] Segundo Marcus Noland, a finais da década de 1990 a Cámara de comercio da Unión Europea en Corea inspeccionou o edificio e concluíu que a estrutura era irreparable.[14] Moitas dúbidas quedaron expostas acerca da calidade dos materiais utilizados e a aliñación dos pozos dos ascensores, pois algunhas fontes afirmaban que estaban tortos.[1][6]

Nun artigo de 2006, ABC News puxo en cuestión se o país posuía as suficientes materias primas ou enerxía para un proxecto desas características.[10] Un funcionario do Goberno norcoreano comentou ao diario Los Angeles Times que a construción non se completaba porque «[Corea do Norte] carecía de diñeiro».[15] A paralización da obra, os rumores de problemas e o misterio sobre o seu futuro, levou aos medios a que o denominasen como «O peor edificio do mundo», «O hotel da fatalidade» ou «O hotel pantasma».[12][16][1]

Aínda que houbo burlas sobre imaxes do hotel completo en selos norcoreanos, o goberno ignorou a existencia do edificio durante a detención da súa construción, a pesar de que dominaba o horizonte de Pyonyang. Ademais, o Goberno norcoreano manipulou fotografías oficiais e mapas impresos con tal de que non aparecese a estrutura inconclusa no horizonte da capital.[1][10][15]

Continuación da obra

[editar | editar a fonte]

En abril de 2008, despois de 16 anos de inactividade, os traballos no edificio foron retomados, esta vez pola compañía exipcia Orascom Construction Industries.[17][1] Os directivos de Orascom, que asinaran un contrato de 400 millóns de USD co Goberno norcoreano para instalar unha rede de telecomunicacións 3G, negou que este acordo estivese directamente relacionado co traballo da construción.[1] En 2008, oficiais do goberno afirmaron que o hotel estaría listo en 2012, coincidindo co aniversario número 100 do «Presidente Eterno» Kim Il-sung.[13] Ademais, ao ano seguinte, o xefe de operacións de Orascom, Khaled Bichara, sinalou que a empresa «non atopara demasiados problemas estruturais» a causa do paro da obra.[1]

No mes de xullo de 2011, informouse de que o traballo exterior fora rematado.[18] A compañía Orascom engadiu novas características ao edificio, tales como paneis de vidro e antenas de comunicación.[19] En setembro de 2012, algunhas fotografías do interior do hotel, tomadas por Koryo Tours, foron amosadas ao público por primeira vez. Podíase apreciar que había moi poucos artefactos ou mobles.[20][21] Dous meses máis tarde, a operadora de hoteis internacional Kempinski anunciou que o hotel estaría en funcionamento cara a mediados de 2013.[22][23] Con todo, estes plans quedaron suspendidos debido ao aumento das tensións políticas no país en 2013.[24]

Predecesor:
Hotel Koryo
Edificio máis alto de Pyongyang
1992 - Presente
Sucesor:
-
Predecesor:
Hotel Koryo
Edificio máis alto de Corea do Norte
1992 - Presente
Sucesor:
-
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 "Will 'Hotel of Doom' ever be finished?" (en inglés). BBC News. 15 de outubro de 2009. Consultado o 13 de outubro de 2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Orascom and DPRK to Complete Ryugyong Hotel Construction" (en inglés). Instituto de Estudios de Oriente Medio. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2009. Consultado o 2 de febreiro de 2009. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "Ryugyong Hotel" (en inglés). Emporis. Consultado o 9 de febreiro de 2010. 
  4. "105 Building, Pyongyang, Korea, North" (en inglés). Asian Historical Architecture. Consultado o 11 de febreiro de 2010. 
  5. Rand, Chad (2008). Revolving Architecture: A History of Buildings That Rotate, Swivel, and Pivot (en inglés). Nova York: Princeton Architectural Press. ISBN 978-1-56898-681-4. 
  6. 6,0 6,1 Quinones, C. Kenneth; Taggert, Joseph (2003). The Complete Idiot's Guide to Understanding North Korea (en inglés). Indianápolis: Complete Idiot's Guides (Alpha Guides). ISBN 1-59257-169-7. 
  7. Ngor, Oh Kwee (6 de setembro de 1990). "Western decadence hits N. Korea". Japan Economic Journal. 
  8. Cramer, James P.; Yankopolus, Jennifer Evans (2006). Almanac of Architecture & Design (en inglés). Atlanta: Greenway Publications. ISBN 0-9755654-2-7. 
  9. "North Korean hotel dubbed the 'worst building in the world' may finally be finished" (en inglés). The Telegraph. 16 de outubro de 2009. Consultado o 29 de xaneiro de 2014. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Beckmann, Dan. "Pyongyang: Home to the Tallest Hotel in the World That Could, but Will Never Be" (en inglés). ABC News. Consultado o 5 de xullo de 2009. 
  11. "North Korea builds record-height hotel". Engineering News-Record. 15 de novembro de 1990. 
  12. 12,0 12,1 Hagberg, Eva (28 de xaneiro de 2008). "The Worst Building in the History of Mankind" (en inglés). Esquire. Consultado o 5 de xullo de 2009. 
  13. 13,0 13,1 Kirk, Donald (27 de outubro de 2008). "Grand Illusion" (en inglés). Forbes. Consultado o 5 de xullo de 2009. 
  14. Noland, Marcus (2000). Avoiding the Apocalypse: The Future of the Two Koreas (en inglés). Washington, D.C.: Peterson Institute for International Economics. p. 82. ISBN 0-88132-278-4. 
  15. 15,0 15,1 Demick, Barbara (27 de setembro de 2008). "North Korea in the midst of mysterious building boom" (en inglés). Los Angeles Times. Consultado o 14 de decembro de 2008. 
  16. Herskovitz, Jon (18 de xullo de 2008). "North Koreans revamp 'world's worst building'" (en inglés). The Independent. Consultado o 5 de xullo de 2009. 
  17. "Korea: N Korea Resumes Construction Of Luxury Hotel" (en inglés). MySinchew. 25 de maio de 2008. Consultado o 5 de xullo de 2009. 
  18. Medina, Samuel (22 de xullo de 2011). "Ryugyong Hotel Exterior Completed" (en inglés). Architizer. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2011. 
  19. Herskovitz, Jon (17 de xullo de 2008). "North Korea's "Hotel of Doom" wakes from its coma" (en inglés). Reuters. Consultado o 5 de xullo de 2009. 
  20. "North Korea's Ryugyong 'Hotel of Doom' pictures released" (en inglés). BBC News. 27 de setembro de 2013. Consultado o 4 de febreiro de 2014. 
  21. "Ryugyong Hotel Special Report!" (en inglés). Koryo Tours. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 4 de febreiro de 2014. 
  22. "North Korea's Ryugyong Hotel Will 'Probably' Open Next Year, Be Managed By Kempinski" (en inglés). The Huffington Post. 1 de novembro de 2012. Consultado o 4 de febreiro 2014. 
  23. Yoon, Sangwon (1 de novembro de 2012). "Kempinski to Operate World’s Tallest Hotel in North Korea" (en inglés). Bloomberg. Consultado o 4 de febreiro de 2014. 
  24. "Kempinski Freezes ‘Hotel Of Doom’ Plans In North Korea" (en inglés). NK News. Consultado o 4 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]