Hipocampo (mitoloxía)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Hipocampo.
Na mitoloxía grega, o hipocampo (en grego Ίπποκάμπη Hippokámpê ou Ίππόκαμπος Hippókampos) era, segundo conta Pausanias na súa Descrición de Grecia, un cabalo mariño coa parte inferior do corpo desde o peito en forma de monstro mariño ou peixe. O hipocampo aparece mesmo nos poemas homéricos como símbolo de Poseidón, cuxo carro sucaba o mar tirado por veloces cabalos. Os poetas e artistas posteriores concibiron e representaron as bestas de Poseidón e doutras divindades mariñas como unha combinación de cabalo e peixe.
Fontes
[editar | editar a fonte]- Pausanias ii.1
- Homero, Ilíada xiii.24, 29
- Eurípides, Andrómeda 1021
- Virxilio, Xeórxidas iv.389
- Filóstrato, Imaxes i.8
- Estacio, Tebaida ii.45
Notas
[editar | editar a fonte]- Smith, W., ed. (1867).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hipocampo |