Hilderico
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 460 (Gregoriano) |
Morte | 533 (Gregoriano) (72/73 anos) Cartago, Tunisia |
Rei dos vándalos | |
523 – 530 ← Trasamundo – Xelimero → | |
Actividade | |
Campo de traballo | Monarca |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Hilda |
Pais | Hunerico e Eudocia (filla de Valentiniano III) |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Hilderico, nado no 460 e finado en 533, foi rei dos vándalos entre 523 e 530.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Hunerico e Eudocia,[1] neto de Xenserico e Valentiniano III, primo e sucesor de Trasamundo. Herdou un reino en profunda decadencia que non se podía comparar militarmente co do seu avó Xenserico. No seu reinado déronse a ruptura de relacións cos ostrogodos debido ao asasinato da irmá de Teodorico o Grande, as derrotas fronte ás tribos bérberes que tomaron case todo o Reino Vándalo, as guerras contra a nobreza e os afrorromanos desexosos de quitarse de encima aos opresores vándalos. Recordando a súa herdanza romana, ao ser fillo da filla de Valentiniano III, romanizou o seu reino, pero isto foi un erro fronte aos vándalos conservadores e conduciu á súa execución. Favoreceu aos católicos, o que lle levou a oposición da nobreza. Foi destronado polo seu primo Xelimero e morto tres anos despois.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith (1867), p. 80
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hilderico |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, William, ed. (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés). Boston: Little, Brown and Company.
Reino dos vándalos | ||
---|---|---|
Segue a: Trasamundo |
Hilderico | Precede a: Xelimero |