Saltar ao contido

Heródoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Herodoto»)
Modelo:BiografíaHeródoto

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἡρόδοτος Ἁλικαρνᾱσσεύς Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 484 a. C. Editar o valor en Wikidata
Halicarnaso, Turquía Editar o valor en Wikidata
Mortec. 425 a. C. Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Túrio, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaHalicarnaso
Samos
Túrio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria, política e Escrita creativa e profesional Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Grecia Antiga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, escritor, político, xeógrafo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteEncyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) Traducir, (sec:Herodotus (c. 480-429 BCE), p.620-621)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX903903 Musicbrainz: 07b1876f-1afc-43c8-8d28-1d3498ef0654 Editar o valor en Wikidata

Heródoto (en grego Ἡρόδοτος Ἁλικαρνᾱσσεύς [Hēródotos Halikarnāsseús]; en latín, Hērŏdŏtus Hălĭcarnassensis) nado en Halicarnaso (actual Bodrum, en Turquía) no 485 a. C.[1] e finado en Turios no 425 a. C.[2] foi un historiador e xeógrafo grego, considerado o pai da historiografía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era orixinario de Halicarnaso, Tras a súa participación dunha revolta contra o tirano Ligdamis tivo que marchar ao exilio na illa de Samos,[2] e dedicouse a viaxar, viaxes que o levaron a Exipto, chegando ata a primeira catarata do Nilo, a Babilonia, a Siria, a Libia, a Italia e a Sicilia. Viviu en Atenas, e aquí recolleu as tradicións orais das principais familias, en especial dos Alcmeónidas.

Heródoto escribiu a historia da invasión persa de Grecia, coñecida como a As historias de Heródoto, considerada a primeira obra de historia, ata entón rexistrábanse os acontecementos históricos en crónicas e épicas, pero Heródoto foi o primeiro en tratar o pasado como un problema filosófico, que permitía coñecer o comportamento humano. E foi o primeiro en recoller testemuñas presentes nos feitos que describía e preocuparse pola obxectividade, na súa obra dá tamén abondas referencias etnográficas. Aínda que a obra non foi apreciada na antigüídade, Aristóteles califícaa de mitóloga, Aulo Xelio califícao de fabuladora, e tan só a partir do Renacemento comezou a ser valorada.

As historias publicouse entre o 430 a. C. e o 424 a. C., divídense en nove libros, que reciben o nome das musas. Os primeiros seis tratan do crecemento do Imperio Persa e da súa influencia en Grecia. Os tres últimos describe os intentos do rei Xerxes por vingar a batalla de Maratón e absorber Grecia dentro do Imperio Persa.

Heródoto describe na súa obra os confíns da terra, nese contexto enténdese a primeira referencia ás illas Casitérides no libro terceiro, aínda que só para afirmar que non sabe nada delas.

Participou na fundación dunha colonia ateniense, Turios, na Magna Grecia, e da que recibiu a cidadanía e na que se cre que morreu polo 425 a.C.[2]

  1. Hernández de la Fuente (2012), p. 63
  2. 2,0 2,1 2,2 Hernández de la Fuente (2012), p. 66

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hernández de la Fuente, David (2012). "Heródoto. El padre de la historia". Historia. National Geographic (30): 60–69. ISSN 1696-7755.