Hélice-xiro-hélice
Nas proteínas, a hélice-xiro-hélice é un dos principais motivos de estrutura secundaria que poden unirse ao ADN. O motivo componse de dúas hélices α unidas por unha curta secuencia liñal de aminoácidos e é moi común nas proteínas que regulan a expresión xénica. Non se debe confundir co dominio hélice-bucle-hélice.
O seu descubrimento baseouse nas similitudes entre os xenes dos represores Cro, PAC, e λ, que comparten unha secuencia de 20-25 aminoácidos que facilita o recoñecemento polo ADN. O recoñecemento e unión ao ADN faise por medio das dúas hélices α, unha no motivo N-terminal e a outra no C-terminal. Na maioría dos casos, como no represor Cro, a segunda hélice contribúe máis ao recoñecemento do ADN e, por tanto, é a miúdo chamada a "hélice de recoñecemento". Únese ao suco maior do ADN por medio dunha serie de enlaces por pontes de hidróxeno e forzas de van der Waals coas bases expostas. A outra hélice α estabiliza a interacción entre proteínas e ADN, pero non ten un papel importante no recoñecemento.
Notas
[editar | editar a fonte]- Brennan R, Matthews B (1989). "The helix-turn-helix DNA binding motif". J. Biol. Chem. 264 (4): 1903–6. PMID 2644244. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2009. Consultado o 18 de xaneiro de 2012.
- Matthews B, Ohlendorf D, Anderson W, Takeda Y (1982). "Structure of the DNA-binding region of lac repressor inferred from its homology with cro repressor". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 79 (5): 1428–32. PMID 6951187. doi:10.1073/pnas.79.5.1428.[Ligazón morta]