Guillerme VI de Aquitania
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1004 |
Morte | 15 de decembro de 1038 (Gregoriano) (33/34 anos) Poitiers, Francia |
Lugar de sepultura | Maillezais Cathedral (en) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Ramnulfids (en) |
Fillos | Agnes, wife of Ramiro I of Aragon |
Pais | Guilherme V da Aquitânia e Almodis of Limoges |
Irmáns | Inês da Aquitânia Odo of Gascony Guilherme VIII, Duque da Aquitânia Guilherme VII da Aquitânia |
Guillerme IV de Poitiers e VI de Aquitania o Gordo, nado en 1005 e finado en 1038, foi conde de Poitou (1030-1038) fillo de Guillerme V de Aquitania (III de Poitiers) e de Adalmodis de Gavaldán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sucedeu a seu pai cando este morreu o 31 de xaneiro de 1030. Casou con Eustaquia, da pequena nobreza aquitana, que indispuxo ao conde e duque coa nobreza principal que desaparece nas referencias dos placitum celebrados polo conde, case ao mesmo tempo. Simultaneamente Inés de Borgoña viúva de Guillerme o Grande deixou a corte e o 1 de xaneiro de 1032 casou cun home moito máis novo, Godofredo I Martel, conde de Vendôme, e fillo do conde de Anjou Folque III Nerra (ao que sucedeu en 1040 como Godofredo II de Anjou); este non aprobou o matrimonio e tivo relacións difíciles co seu fillo.
Inés organizou unha liga de señores aquitanos contra Guillerme o Gordo para a que obtivo o apoio do vizconde Godofredo II de Thouars e dos seus vasalos. En 1033, Godofredo Martel abandonou Saumur á cabeza dun exército e entrou en Poitou, dirixíndose ao territorio do seu aliado o vizconde de Thouars. Ao mesmo tempo, o exército do duque Guillerme atopábase en Moncontour, a uns 15 km ao sueste. Os dous exércitos atopáronse preto da altura de Mont-Couer en Taizé. Godofredo Martel obtivo a vitoria na batalla que seguiu e fixo prisioneiro a Guillerme (20 de setembro de 1033) preto de Saint-Jouin-de-Marnes. O bispo de Poitiers, Isemberto, e a esposa de Guillerme, Eustaquia, lograron manter a unidade do ducado e dirixir o condado. Guillerme non recuperou a liberdade ata 1037, pagando un rescate. Retomou a loita pero foi derrotado e tivo que renunciar na illa de Oléron. Guillerme e Eustaquia non tiveron fillos.
Morreu o 15 de decembro de 1038 e foi enterrado en Maillezais. O lexítimo sucesor foi o duque Odón ou Eudes de Gascuña (tamén coñecido como Odón de Poitiers), pola súa nai, Brisca, a segunda esposa de Guillerme o Grande, irmá de Sancho V Guillerme de Gascuña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- «Guillerme VI / IV», «Os condes de Poitiers 2» France Balade [consulta 6 de marzo de 2014.]