Saltar ao contido

Goretti Sanmartín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGoretti Sanmartín

(2016, PALEXCO) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Goretti Sanmartín Rei Editar o valor en Wikidata
6 de xullo de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
A Estrada, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Santiago de Compostela
17 de xuño de 2023 –
← Xosé Antonio Sánchez Bugallo
Concelleira do Concello de Santiago de Compostela
2023 –
Concelleira do Concello de Santiago de Compostela
2019 – 2023
Concelleira do Concello de Santiago de Compostela
2015 – 2019
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Filoloxía galega
Universidade da Coruña - Filoloxía galega Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, filóloga Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Facebook: goretti.sanmartin.rei Twitter: GorettiSRei Instagram: gorettisrei BNE: XX1608360 BUSC: sanmartin-rei-goretti-1964 Dialnet: 1053361 Editar o valor en Wikidata

Goretti Sanmartín Rei, nada na Estrada o 6 de xullo de 1964, é unha filóloga, escritora e política galega.[1] Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012.[2]

É a alcaldesa de Santiago de Compostela desde o 17 de xuño de 2023.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Licenciada e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación céntranse na formación da lingua literaria galega durante o século XIX e sobre a época das Irmandades da Fala.

É membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Filoloxía e foi directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña entre o 2004 e o 2006.

Carreira política

[editar | editar a fonte]

En 2012 foi elixida responsable do BNG de Santiago de Compostela[4] e dende 2013 é secretaria de Implantanción e Estratexia Municipal do BNG.

Formou parte das listas do BNG ao concello de Santiago nas eleccións municipais do ano 2015, como número dous, saíndo elixida concelleira. Tras o pacto de goberno acadado entre PSdeG-PSOE e BNG para a Deputación da Coruña, foi elixida Vicepresidenta e Voceira do ente provincial.[5] No ano 2019 preséntase como número 1 polo Bloque Nacionalista Galego[6] ao Concello de Santiago de Compostela, saíndo elixida tras obter 2 escanos. Ademais abandona a vicepresidencia da Deputación da Coruña.

Nas Eleccións municipais de 2023 recuncou como candidata do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía do Concello de Santiago de Compostela pasando de 2 a 6 edís, e subindo de 4.870 votos a 11.428,[3][7] polo que foi elixida alcaldesa co apoio dos concelleiros do PSdeG-PSOE (6) e de Compostela Aberta(2).[8]

  • O Teatro de Xan da Cova: La Galiciana e María Pita, 2002, Universidade da Coruña.
  • A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para a ópera, de Ramón Cabanillas, 2002, Universidade da Coruña.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  1. "Biografía na web do concello da Estrada". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  2. Membros correspondentes da RAG
  3. 3,0 3,1 Álvarez, Elisa (29 de maio de 2023). "Santiago: Goretti Sanmartín, «a primeira alcaldesa feminista e nacionalista»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2024. 
  4. Redacción (2012-03-22). "Goretti Sanmartín liderará el Bloque en Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-08-08. 
  5. Redacción (2015-07-16). "Cambio na Deputación da Coruña e pacto selado na de Pontevedra". Praza Pública. Consultado o 2024-08-08. 
  6. Vigo, Faro de. "Goretti Sanmartín, Candidato BNG en Santiago". mas.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2021-05-26. 
  7. Reboyras, Arturo (29 de maio de 2023). "Borja Verea gana, pero Goretti Sanmartín será la nueva alcaldesa tras dar el sorpasso a Bugallo". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2024. 
  8. Pájaro Rives, Paula (17 de xuño de 2023). "Goretti Sanmartín, primera mujer alcaldesa de Santiago, con los votos de BNG, PSOE y CA". cope.es (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2024. 
  9. Consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega. Homenaxe a Manuel García Blanco

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Xosé Sánchez Bugallo
 
Alcaldesa de Santiago
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo