Gomphus graslinii
Gomphus graslinii | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
En perigo[1][2] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Gomphus graslinii Rambur, 1842 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Gomphus graslinii[3] é unha especie de odonato anisóptero que pertence á familia Gomphidae.
Características
[editar | editar a fonte]Teñen os ollos moi separados, carácter que comparten cos Petaluridae e cos zigópteros. Os adultos miden usualmente de 4 a 7 cm de lonxitude. Vive en regatos, ríos, arroios ou lagos en estado próximo ó natural. É un gónfido carácterizado polas súas amplas liñas negras nas áreas antehumeral e humeral do tórax, as súas patas son maioritariamente negras, salvo as coxas que son amarelas e os fémures con raias amarelas.
Distribución
[editar | editar a fonte]A área de distribución desta especie só comprende unha parte da Península Ibérica e parte do sur e suroeste de Francia. En Francia, as poboacións áchanse claramente en regresión no oeste, sendo estables na zona do suroeste, ó oeste do río Rodano.
Na Península Ibérica habita en Portugal, agás na parte central do país, e en España no suroeste de Galicia, suroeste de Castela e León e sur e suroeste de Andalucía.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Aínda que se trata dunha especie de augas correntes, parece ser máis común nas zonas de remanso, como ocorre con Macromia splendens, especie coa que adoita compartir o hábitat. En Francia voan dende mediados de xuño a mediados de agosto. Os espécimes ibéricos entre primeiros de xuño e mediados de xullo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boudot, J.-P. 2009.Gomphus graslinii. In: IUCN 2010. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2010.4. <www.iucnredlist.org>. Descargado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ En España: En perigo de extinción.
- ↑ Gomphus graslinii (Gomphus graslinii). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gomphus graslinii |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gomphus graslinii |