Saltar ao contido

Giorgi Kochorashvili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiorgi Kochorashvili
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Tbilisi, Xeorxia Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaXeorxia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2017–2019 FC Iberia 1999 2(0)
2018–2019 cesión Club de Futbol Peralada-Girona B 28(0)
2019–2022 Levante Unión Deportiva B 44(3)
2020–   Levante UD 38(5)
2022–2023 cesión   CD Castellón 40(4)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–2016 Xeorxia sub-18 1(0)
2016–2017   Xeorxia sub-19 7(0)
2019–2020   Xeorxia sub-21 7(0)
2023–   Xeorxia 15(2)

UEFA: 250088810 Editar o valor en Wikidata

Giorgi Kochorashvili (en xeorxiano: გიორგი ქოჩორაშვილი), nado en Tbilisi o 29 de xuño de 1999, é un futbolista xeorxiano que xoga como centrocampista do no Levante, da Segunda División. É internacional absoluto coa selección de Xeorxia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado como futbolista na canteira do Saburtalo Tbilisi, debutou co primeiro equipo o 23 de xullo de 2017, nun partido ante o Torpedo Kutaisi.

Nas tempadas 2017/18 e 2018/19 foi cedido ao Girona FC, xogando na primeira delas no conxunto xuvenil e na segunda no filial, o Peralada, da Segunda División B.[1]

En 2019 foi traspasado ao Levante para xogar no seu filial e o 12 de xullo de 2020 debutou co primeiro equipo na Primeira División, substituíndo a Rubén Rochina nunha derrota por 2-1 ante o Athletic de Bilbao.[2]

Na tempada 2022/23 xogou cedido no Castellón, da Primeira Federación.[3]

Selección xeorxiana

[editar | editar a fonte]

Internacional coas categorías inferiores de Xeorxia, militou nos equipos sub-19 e sub-21.[4] O 12 de setembro de 2023 debutou coa selección xeorxiana absoluta, nunha derrota por 2-1 ante Noruega.[5]

Participou nos dous partidos de play-off, correspondentes á clasificación para a Eurocopa de 2024 e na final contra Grecia anotou o seu lanzamento na quenda de penaltis, contribuíndo así á primeira clasificación da historia do seu país para o máximo torneo continental.[6]

No primeiro partido da Eurocopa contra Turquía, Kochorashvili deulle unha asistencia a Georges Mikautadze cun centro á área, que este converteu no primeiro gol de Xeorxia nun torneo internacional.[7]

Na tempada 2024/25 da Liga das Nacións da UEFA, Kochorashvili marcou nos dous primeiros partidos, incluíndo o gol da vitoria contra Albania.[8]

  1. "El nou Peralada comença a reforçar-se des del juvenil" (en catalán). 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  2. "Raúl García marca la diferencia". Marca (en castelán). 12 de xullo de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  3. "El Levante UD y el CD Castellón acuerdan la cesión de Giorgi Kochorashvili hasta final de temporada" (en castelán). Archived from the original on 30 de agosto de 2022. Consultado o 01 de decembro de 2024. 
  4. "Giorgi Kochorashvili makes his debut in the call-up for the Georgian National Team" (en inglés). 31 de agosto de 2023. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  5. "Norway 2-1 Georgia". UEFA. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  6. "Georgia 0-0 Greece". UEFA (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  7. "Guler stunner helps Turkey to 3-1 win over Georgia in thriller" (en inglés). 18 de xuño de 2024. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  8. "Albania 0-1 Georgia". UEFA (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2024.