GSLV
GSLV (Geostationary Launch Vehicle) | |
---|---|
Función | Lanzador espacial de capacidade media |
fabricante | ISRO |
país de orixe | India |
Tamaño | |
altura | 49,0 m[1] |
diámetro | 2,80 m[1] |
masa | 402.000 kg[1] |
Etapas | 3[1] |
Carga LEO | |
masa | 5000 kg[1] |
Carga GEO | |
masa | 2500 kg[1] |
Lanzamento históricos | |
Estado | En servizo[1][2][3] |
Sitios | Satish Dhawan[1] |
Total de lanzamentos | 7[2] |
exitosos | 2[2] |
fallos | 3[2] |
Fallos parciais | 2[2] |
Voo inaugural | 20 de abril de 2001[2] |
Acelerarores – L-40[2] | |
altura | 19,70 m[3] |
diámetro | 2,10 m[3] |
masa baleiro | 5600 kg[3] |
masa cheo | 45.600 kg[3] |
impulsado por | 1 Vikas[3] |
potencia máxima | 735 kN[3] |
Impulso específico | 281 s[3] |
propelente | UDMH e tetróxido de nitróxeno[3] |
Primeira etapa – GS-1[1][2][4] | |
altura | 20,34 m[4] |
diámetro | 2,80 m[4] |
masa baleiro | 28.300 kg[4] |
masa cheo | 157.300 kg[4] |
impulsado por | 1 S-125[4] |
potencia máxima | 4860,07 kN[4] |
Impulso específico | 266 s[4] |
propelente | Propelente sólido[4] |
Segunda etapa – GS-2 / L-37.5[1][2][5] | |
altura | 11,60 m[5] |
diámetro | 2,80 m[5] |
masa baleiro | 5400 kg[5] |
masa cheo | 42.900 kg[5] |
impulsado por | 1 Vikas[5] |
potencia máxima | 725,02 kN[5] |
Impulso específico | 295 s[5] |
propelente | N2O4/UDMH[5] |
Terceira etapa – GS-3 / C-12[1][2][6] | |
altura | 8,72 m[6] |
diámetro | 2,80 m[6] |
masa baleiro | 2200 kg[6] |
masa cheo | 14.600 kg[6] |
impulsado por | 1 KVD-1M[6] |
potencia máxima | 75,05 kN[6] |
Impulso específico | 460 s[6] |
propelente | LOX/LH2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
GSLV (acrónimo de Geostationary Launch Vehicle ou Geosynchronous Satellite Launch Vehicle) é un modelo de foguete pertencente á axencia espacial india, a ISRO.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]O GSLV, derivado en parte do PSLV, é un foguete indio cunha arquitectura infrecuente na que se alternan etapas que consomen propelente líquido con etapas que usan propelente sólido. A primeira etapa é de propelente sólido, rodeada por catro aceleradores de propelente líquido que consomen UDMH e tetróxido de nitróxeno. A segunda etapa é de propelente líquido, consumindo o mesmo que os aceleradores da primeira, mentres que a terceira e última etapa usa propelentes crioxénicos, hidróxeno e osíxeno líquidos. Tódalas etapas de propelente líquido, excepto a terceira, usan motores Vikas, que non é máis que unha versión dos motores Viking dos foguetes Ariane fabricados baixo licenza.[1]
A cofia, de 3,4 m de diámetro e 7,8 m de alto, está feita dunha aliaxe de aluminio. O GSLV estabilízase nos tres eixos mediante un sistema de control autónomo en cada etapa. As tobeiras dos aceleradores da primeira etapa poden moverse mediante cardáns para modificar a traxectoria do foguete. A segunda etapa usa unha combinación de movemento da tobeira mediante un cardán cun sistema de control a reacción mediante gas para o control da traxectoria. Finalmente, a terceira etapa usa pequenos motores para controlar a orientación durante a fase propulsada, mentres que usa un sistema de gas frío para os momentos nos que non hai propulsión.[1]
A versión básica foi substituído polo GSLV Mk.2, que ten a diferenza de usar o motor CE7.5, de construción india, na terceira etapa.[7]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
20 de abril de 2001 | Satish Dhawan | GSat 1 | Fallo parcial | Primeiro voo. A terceira etapa apagouse 10 segundos antes de previsto. |
8 de maio de 2003 | Satish Dhawan | GSat 2 | Éxito | |
20 de setembro de 2004 | Satish Dhawan | GSat 3 | Éxito | |
10 de xullo de 2006 | Satish Dhawan | Insat 4C | Fallo | Fallo dun dos aceleradores da primeira etapa, desviando a traxectoria do foguete. |
2 de setembro de 2007 | Satish Dhawan | Insat 4CR | Fallo parcial | A última etapa sufriu un problema de rendemento, deixando o satélite nunha órbita máis baixa do planeado. |
25 de abril de 2010 | Satish Dhawan | GSat 4 | Fallo | Fallo da última etapa. |
25 de decembro de 2010 | Satish Dhawan | GSat 5P | Fallo | Perda de control do foguete aos 47 segundos do lanzamento, desintegrándose aos 53 segundos. |
29 de marzo de 2018 | Satish Dhawan | GSat 6A | Éxito | Primeiro lanzamento da versión Mk.2. |
14 de novembro de 2018 | Satish Dhawan | GSat 29 | Éxito | Variante Mk.3. |
19 de decembro de 2018 | Satish Dhawan | GSat 7A | Éxito | Variante Mk.2. |
22 de xullo de 2019 | Satish Dhawan | Chandrayaan 2 / Vikram | Éxito | Variante Mk.3. |
11 de agosto de 2021 | Satish Dhawan | GISAT 1 | Fallo | Variante Mk.2. Fallo na última etapa. |
22 de outubro de 2022 | Satish Dhawan | OneWeb L14-1 a L14-36 | Éxito | Variante Mk.3. |
26 de marzo de 2023 | Satish Dhawan | OneWeb L18-1 a L18-36 | Éxito | Variante Mk.3. |
29 de maio de 2023 | Satish Dhawan | IRNSS 1J | Éxito | Variante Mk.2. |
14 de xullo de 2023 | Satish Dhawan | Chandrayaan 3 / Vikram 2 | Éxito | Variante Mk.3. |
17 de febreiro de 2024 | Satish Dhawan | Insat 3DS | Éxito | Variante Mk.2. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 Mark Wade (2011). "GSLV" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GSLV" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Mark Wade (2011). "GSLV-0" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Mark Wade (2011). "GSLV-1" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Mark Wade (2011). "GSLV-2" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "GSLV-3" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "GSLV Mk.2(2)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: GSLV |