Fuselo de rabo negro
Fuselo de rabo negro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mazarico rabinegro
| |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Limosa limosa (Linnaeus, 1758) Brisson,1760 | |||||||||||||||||
Distribución do mazarico rabinegro
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Scolopax limosa Linnaeus,1758 |
O fuselo de rabo negro,[2] ás veces mazarico rabinegro[3][4][5] (Limosa limosa) é unha ave limícola.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os adultos teñen as patas azul grisallas e un longo peteiro. As plumas do peito son castañas, a cola negra cunha banda negra no remate; no verán as plumas do peito vólvense grisallas. Miden 41 cm (un pouco máis grande que o mazarico rubio, ó que se asemella). Aniña no chan en pradeiras húmidas e en illós de Europa e Asia. Pon de 3 a 6 ovos. Aliméntase de insectos, crustáceos e plantas acuáticas.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]Emigra en bandadas a Europa, sur de Asia, África e Australia.
En Galicia pódese ver a finais de agosto, permanecendo ata a primavera, abondosas na enseada do Vao, O Grove, e no esteiro do Miño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Limosa limosa". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de acuicultura. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X.
- ↑ Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-69-9.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |