Saltar ao contido

Frederic Soler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrederic Soler

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1839 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xullo de 1895 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc (1964–)
Poblenou Cemetery (en) Traducir (1864–1995) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo, poeta, empresario de teatro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCentre Català Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioSerafí Pitarra Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosErnest Soler de les Cases Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1038496

Frederich Soler y Hubert (Frederic Soler i Hubert, en catalán normativo actual), coñecido tamén co pseudónimo de Serafí Pitarra, nado o 9 de outubro de 1839 en Barcelona e finado ibídem o 4 de xullo de 1895, foi un poeta, dramaturgo e empresario teatral catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Monumento a Serafí Pitarra en Barcelona, obra do escultor Agustí Querol e o arquitecto Pere Falqués (1906).[1]

Fillo de Josep Soler i Esquirol, carpinteiro, e María Hubert, que tiña orixe francesa e que morreu cando Frederic tiña tres anos. Aos nove anos morreulle o pai e, orfo, foi vivir co seu tío Carles Hubert, propietario dunha reloxería no barrio Gótico. Soler deixou a escola con catorce anos para se facer cargo da reloxería á morte de seu tío, compaxinando o traballo coa súa afección polo teatro, debutando con quince anos cunha compañía de afeccionados, e collendo sona nos círculos artísticos como actor, cómico e poeta. A súa primeira obra, Per un casament, rematouna en 1856, e nese ano escribiu tamén Don Jaume el Conquistador, parodia dunha obra en castelán de Antoni Altadill. Comezou xacando a utilizar o pseudónimo co que se fixo famoso, Serafí Pitarra. Na traseira da súa reloxería adoitaban celebrarse xuntanzas informais de escritores e artistas novos, entre eles Anselm Clavé, Valentí Almirall, Víctor Balaguer, Feliu i Codina, e outros moitos. José Zorrilla, amigo de Pitarra, viviu aí durante catro anos.

A súa primeira estrea foi La esquella de la Torratxa, unha zarzuela con música de Joan Sariols, o 24 de febreiro de 1864 no Teatro Odeon da cidade condal, a obra é unha parodia do drama histórico "La Campana de la Almudaina" de Joan Palou i Coll, e logrou un éxito rotundo, como consecuencia a Llibreria Espanyola publicou unha colección con seis das obras de Soler co título de Singlots poètics. La esquella de la Torratxa todas co pseudónimo de Serafí Pitarra nunha lingua popular, que denomina o catalán que se fala agora en oposición ao catalán culto que pretendían recuperar os poetas dos Jocs Florals.[2]

A primeira época de Soler caracterízase pola sátira e a parodia do mesmo xénero teatral e dos acontecementos da época. A este período pertencen obras como La pau d'Espanya (1860), na que ironiza sobre a campaña do xeneral Prim en África, ou Lo castell dels tres dragons (1865), na cal, mediante a parodia, intenta desmitificar a figura clásica do heroe. O público respondía a este primeiro espertar do teatro en catalán, que representaba Soler, e en outubro de 1865 o teatro Odeon anunciaba a formación da Secció de la Gata, unha compañía expresamente creada para representar obras en catalán,[3] e nese mesmo ano o Teatro Romea, creou a Secció Catalana, compañía tamén especializada en obras en catalán.

A súa segunda etapa como dramaturgo principiou en 1866, coa estrea de Las joyas de la Roser. Este período caracterízase polo seu xiro cara ao conservadorismo político, avogando pola Restauración; o que queda patente en Lo sagristá de Sant Roch (1863). Con todo non abandona o catalanismo, que se reflicte no poema dedicado aos heroes de 1714 (Al Fossar de las moreras...) e cara ao conservadorismo literario, con dramas históricos ou místicos lonxe das formas da comedia sociolóxica de tipo realista en voga nos países veciños. Así en 1889 estreou Judas (1889), e a rivalidade con Àngel Guimerà tivo unha das expresións máis significativas na estrea de Jesús (1894) como reacción ao Jesús de Natzaret de Guimerà.[4] Para alén de dramaturgo, Soler tamén practicou a poesía, gañou en tres ocasións os Jocs Florals e en 1875 foi investigo domo Mestre en Gai Saber. Presidiu os Jocs Florals en 1882 e publicou diversos volumes de poesía, como Nits de Lluna, en 1886.

  1. Crònica i comentari sobre el monument a Serafí Pitarra na web do concello de Barcelona.
  2. Morell, Carme (1995) "El teatre de Serafí Pitarra: entre el mite i realitat" L'Abadia de Monserrat, p. 204 e 292
  3. Morell, Carme "L'activitat teatral i Frederic Soler, "Pitarra"", LletrA
  4. Tasis, Rafael. «Un procés literari a la barcelona vuitcentista» Arquivado 22 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.. Serra d'Or 1 de outubro de 1959, pp. 2 - 5

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]