Forquita de replicación
A forcada de replicación,[1] forquita de replicación ou garfo de replicación é unha estrutura que se forma dentro do núcleo da célula durante a replicación do ADN. Constitúe o resultado da acción de varias proteínas que teñen a finalidade de abrir a dobre cadea de ADN para facilitar a replicación do material xenético, sexa ADN ou ARN. É orixinado polas proteínas helicases, que quebran as pontes de hidróxeno que ligan as dúas cadeas de ADN.
Outras proteínas, as SSB (single-stranded DNA binding proteins ou proteínas que se ligan ao ADN monocatenario) contribúen a manter a estabilidade da forquita de replicación. Por último, outras proteínas como a proteína DnaA ou as topoisomerases participan dunha ou doutra maneira na replicación. A estrutura resultante ten dúas ramificacións, cada unha das cales está formada por unha cadea de ADN, e que son chamadas de cadea retardada ou descontinua e cadea líder, adiantada, condutora ou continua. A ADN polimerase vai adicionando posteriormente os novos nucleótidos para as cadeas de nova síntese, seguindo a complementariedade de bases.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. (PDF). Xunta de Galicia. p. 84. ISBN 978-84-453-4973-1.