Formulario web

Un formulario web é unha agrupación de elementos creados coa linguaxe HTML/XHTML, que permite a un usuario interactuar cunha páxina web, enviando e procesando información. Componse de etiquetas de texto e campos, nos que se pode introducir a información, que logo será enviada e procesada.
Obxectos
[editar | editar a fonte]Un formulario web está contido entre as etiquetas HTML <form>
e </form>
. Entre as varias etiquetas están definidos os campos e etiquetas que permiten introducir a información. Os tipos de campos dispoñibles son os seguintes:
Campo de texto
[editar | editar a fonte]Permite ao usuario introducir un texto nunha liña. Utilízase para introducir datos con contido limitado (ex.: Nome). A sintaxe na linguaxe HTML é a seguinte:
Nome: <input type="text" name="Nome:">
Neste exemplo, amosarase unha etiqueta de texto Nome:, seguida dun campo de texto no que se poderá introducir o dato.
Campo contrasinal
[editar | editar a fonte]É igual que o campo de texto, pero mentres se escribe amosa asteriscos ou puntos para ocultar a información que se está a escribir.
Contrasinal: <input type="password" name="Contrasinal">
Cadro de selección (checkbox en inglés)
[editar | editar a fonte]Permite ao usuario facer seleccións múltiples facendo clic sobre os cadros predefinidos
Selecciona os teus pasatempos:<br/>
<INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Lectura"> Lectura<br/>
<INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Música"> Música<br/>
<INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Xogos"> Xogos<br/>
<INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Internet"> Internet<br/>
Neste exemplo, o formulario permitirá seleccionar unha ou máis afeccións de entre as predefinidas
Botón de opcións
[editar | editar a fonte]Permite ao usuario facer unha selección co rato, de entre as que están predefinidas:
Selecciona un xeito de pagamento:<br/>
<INPUT type="radio" name="pagamento" value="Transferencia"> Transferencia<br/>
<INPUT type="radio" name="pagamento" value="Tarxeta de crédito"> Tarxeta de crédito<br/>
<INPUT type="radio" name="pagamento" value="Contrareembolso"> Contrareembolso<br/>
No exemplo anterior, o formulario amosará os tres xeitos de pagamento predefinidos, e permitirá seleccionar un deles
Selector de arquivo
[editar | editar a fonte]Permite seleccionar un ficheiro (ruta) do ordenador local, a través dun botón examinar, que logo será subido a un servidor.
<input type="file" name="arquivo">
Amosará un selector de ficheiro cun botón examinar que abrirá o selector de ficheiros/carpetas locais do ordenador.
Botón reinicar (reset en inglés)
[editar | editar a fonte]Facendo clic sobre o mesmo borrará os datos introducidos previamente en calquera campo do formulario web.
<input type="reset" value="Borrar">
Amosará un botón que borrará tódolos datos introducidos no formulario.
Botón enviar
[editar | editar a fonte]Envía/procesa os datos introducidos no formulario:
<input type="submit" value="Enviar">
Amosará un botón que enviará o formulario.
Área de texto
[editar | editar a fonte]Permite ao usuario introducir un texto en varias liñas. Utilízase para introducir datos de texto con contido máis extenso (ex.: Comentarios).
Comentarios:<br/>
<TEXTAREA NAME="Comentarios" cols=40 rows=6></TEXTAREA>
Esta área de texto terá 40 caracteres de largura e 6 filas de altura. Permitirá introducir un texto de varias liñas.
Lista de selección
[editar | editar a fonte]Permite seleccionar un ou varios valores dunha lista previamente definida, a través dun selector despregable.
Provincia:
<SELECT NAME="Provincia">
<OPTION VALUE="CO">A Coruña</OPTION>
<OPTION VALUE="LU">Lugo</OPTION>
<OPTION VALUE="OU">Ourense</OPTION>
<OPTION VALUE="PO">Pontevedra</OPTION>
</SELECT>
Neste exemplo, permitirá seleccionar dunha lista despregable unha das provincias galegas.
Exemplo do código HTML dun formulario completo
[editar | editar a fonte]
<html>
<head>
<title>Formulario web</title>
</head>
<body>
<form action="#" method="post">
Nome: <input type="text" name="Nome"><br/><br/>
Contrasinal: <input type="password" name="Contrasinal">
Selecciona as tuas aficións:<br/>
<INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Lectura"> Lectura<br/>
<INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Música"> Música<br/>
<INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Xogos"> Xogos<br/>
<INPUT type="checkbox" name="Pasatempos" value="Internet"> Internet<br/><br/>
Selecciona un xeito de pagamento:<br/>
<INPUT type="radio" name="Pagamento" value="Transferencia"> Transferencia<br/>
<INPUT type="radio" name="Pagamento" value="Tarxeta de crédito"> Tarxeta de crédito<br/>
<INPUT type="radio" name="Pagamento" value="Contrareembolso"> Contrareembolso<br/><br/>
Comentarios:<br/>
<TEXTAREA NAME="Comentarios" cols=30 rows=6></TEXTAREA>
Provincia:
<SELECT NAME="Provincia">
<OPTION VALUE="CO">A Coruña</OPTION>
<OPTION VALUE="LU">Lugo</OPTION>
<OPTION VALUE="OU">Ourense</OPTION>
<OPTION VALUE="PO">Pontevedra</OPTION>
</SELECT>
<input type="submit" value="Enviar">
<input type="reset" value="Borrar">
</form>
</body>
</html>
Envío e procesamento dos formularios
[editar | editar a fonte]Os datos introducidos nun formulario web poden ser enviados e procesados por un servidor, indicando no atributo action
da etiqueta <FORM>
a URL do servidor en concreto seguida dun arquivo que conteña o código que procesará o formulario, escrito nunha linguaxe de servidor (PHP, JSP, ASP ...).
Exemplo: <FORM action="http://url_servidor/procesa_formulario.php">
.
O procesamento, independentemente da linguaxe de servidor empregada, pódese facer basicamente de dúas formas:
- Enviando os datos por correo electrónico. O formulario terá asignado un enderezo de correo electrónico, e cando se procese, os datos serán enviados a dito enderezo
- Rexistrando os datos nunha base de datos, a partir da que poden ser procesados con posterioridade.