Saltar ao contido

Filocalia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Filocalia (expresión grega que significa amor á beleza) é un compendio de textos recompilados e ordenados que vai dende os pais do deserto, ata os teólogos ortodoxos do século XV, que pretenden orientar sobre a ascese e o misticismo para favorecer a práctica da oración constante na vida activa.

Foi un príncipe de Romanía, chamado Xoán Mavrocordato, quen no século XVIII encargou ao bispo de Corinto Macario e ao monxe Nicodemo o Haxiorita o traballo de escolma de fragmentos das obras de autores como Macario o Grande, Máximo o Confesor ou Gregorio Palamas. O staretz Paisij Velitchkovski fomentou a súa popularidade na Rusia do século XVIII.

Hoxe en día é un texto de espiritualidade clásico para a Igrexa Ortodoxa.