Saltar ao contido

Filipe V de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFilipe V de Francia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Philippe V de France Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1293 Editar o valor en Wikidata
Vincennes, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1322 Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
Abbey of Longchamp, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfección Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
Rei de Francia
19 de novembro de 1316 – 3 de xaneiro de 1322
← Xoán I de FranciaCarlos IV de Francia →
Rei de Navarra
19 de novembro de 1316 – 3 de xaneiro de 1322
← Xoán I de FranciaCarlos IV de Francia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Francia
Rei de Navarra Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía dos Capetos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJoana II, Condessa da Borgonha (1307, 1307 (Gregoriano)–1322) Editar o valor en Wikidata
FillosXoana III de Borgoña, Margarida I de Borgoña, Isabella of France, Dauphine of Viennois, Blanche van Frankrijk Editar o valor en Wikidata
PaisFilipe IV de Francia Editar o valor en Wikidata  e Xoana I de Navarra Editar o valor en Wikidata
IrmánsSabela de Francia
Carlos IV de Francia
Lois X de Francia Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Capet-639 Find a Grave: 21103 Editar o valor en Wikidata

Filipe V de Francia e II de Navarra o Longo (en francés Philippe V de France, Philippe II de Navarre ou Philippe V le Long), nado en 1293 e finado na Abadía de Longchamp o 3 de xaneiro de 1322, foi conde de Borgoña (1315-1322); rexente de Francia e Navarra (1316) e rei de Francia e Navarra (1316-1322).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixes familiares

[editar | editar a fonte]

Nado en 1293, era o cuarto fillo do rei Filipe IV de Francia e da raíña Xoana I de Navarra[1].

Era neto por liña paterna de Filipe III de Francia e da princesa Sabela de Hungría, e por liña materna de Henrique I de Navarra e Branca de Artois. Era irmán dos reis Lois X e Carlos IV.

Matrimonios e descendencia

[editar | editar a fonte]

Casou en xaneiro de 1307 coa condesa Xoana II de Borgoña, condesa de Artois e condesa de Borgoña, filla de Otón IV de Borgoña e Matilda de Artois. Desta unión naceron:

Ascenso ao trono

[editar | editar a fonte]

En 1316 á morte do rei Lois X de Francia, o irmán máis vello de Filipe, houbo serias disputas pola sucesión ao trono. Lois deixara unha filla, Xoana de Navarra, e un fillo que aínda non nacera. Á espera de descubrir o sexo do neno, Filipe V converteuse en rexedor do reino durante os cinco meses de embarazo da raíña viúva. Cando naceu un fillo varón, Xoán I de Francia, inmediatamente foi proclamado rei e sucesor de Lois X, co seu tío Filipe na rexencia. Por desgraza, o neno morreu cinco días despois de nacer. Xoana de Navarra reivindicou os seus dereitos, pero a Lei Sálica impediulle que reinase en Francia, pero non no Reino de Navarra, pero as súas demandas foron ignoradas e Filipe V foi nomeado rei.

Filipe V foi un gobernador enérxico, decidido e intelixente. Así loitou por abolir os privilexios da nobreza, terminando así progresivamente co sistema feudal da época e acadando un poder real centralizado. Durante o seu reino promulgou, redactou e asinou un gran número de ordenanzas reais, edictos e disposicións. Comezou a existencia da Cámara de Contas, o que permitiría sanear a administración pública. Continuou a Guerra de Flandres, iniciada polo seu pai, e en 1320 adquiriu varios territorios flamengos unha vez rematada esta. A continuación da política de seu pai impuxo altos impostos aos xudeus.

Morreu o 3 de xaneiro de 1322 na cidade de Longchamps e foi enterrado na catedral de Saint-Dennis. Pola morte dos seus fillos varóns, a coroa pasou ao seu irmán máis novo.