Saltar ao contido

Filipe Apóstolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFilipe Apóstolo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 5 Editar o valor en Wikidata
Betsaida, Israel Editar o valor en Wikidata
Mortec. 80 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Hierápolis, Turquía Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, crucifixión Editar o valor en Wikidata
Apóstolo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo e xudaísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmisioneiro Editar o valor en Wikidata
ProfesoresXesús de Nazaret Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa14 de novembro (Cristianismo ortodoxo) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 172705143 Editar o valor en Wikidata
Filipe Apóstolo, por Rubens.

Filipe Apóstolo, nado a finais do século I antes de Cristo ou a principios do século I era oriúndo de Betsaida. É o apóstolo, elixido como tal por Xesús de Nazaret, que aparece sempre en tódalas listas en quinto lugar.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pescador no lago de Xenesaret, fíxose discípulo de Xoán o Bautista círculo dentro do cal coñeceu a Xesús. Xunto con André Apóstolo era o único dos mesmos que tiña un nome grego, facendo de interlocutor de xentes desa fala que querían coñecer ao seu mestre. Levou a Natanael ao grupo de discípulos. Por indicación de Xesús predicou en Galilea o Reino de Deus e o amor ao inimigo. No Evanxeo de Xoán, durante a derradeira cea, pídelle a Xesús que lles amose ao Pai, recibindo a contestación deste: quen me ve a min, ve ao Pai

Segundo a tradición, tras a resurrección de Xesús, predicou a Boa Nova en Frixia. Padeceu o martirio cravado nunha cruz e lapidado. Algunhas das súas reliquias dise que están na igrexa de Doci Apostoli en Roma

Significación

[editar | editar a fonte]

O evanxeo apócrifo de contido gnóstico, Evanxeo de Filipe, atribúeselle á súa autoría. É o patrón de Luxemburgo e Brabante.