Saltar ao contido

Fabiano Soares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFabiano Soares
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Mutum, Brasil Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1986–1989 Botafogo de Futebol e Regatas 2(0)
1988–1988 cesión Fabril Esporte Clube
1988–1988 cesión Cruzeiro Esporte Clube 6(0)
1989–1989 cesión São José Esporte Clube 22(0)
1989–1992   Celta de Vigo 101(16)
1992–2001   SD Compostela 292(41)
2001–2002 Botafogo de Futebol e Regatas 42(0)
2002–2003   SD Compostela 36(3)
2003–2004   Racing de Ferrol 30(2)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2006   SD Compostela
2007–2007   Bergantiños FC
2009–2010   SD Compostela
2011–2011 Club Deportivo Estradense
2015–2016 Grupo Desportivo Estoril Praia
2017–2017 Clube Atlético Paranaense
2019–2019 Jeonnam Dragons
2021–2021 Barra Futebol Clube (pt) Traducir
2022–2022 Esporte Clube Vitória
2022–2023   SD Compostela
2023–2024 River Atlético Clube (pt) Traducir
2024– Clube Atlético Tubarão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Fabiano Soares Pessoa, nado o 10 de xuño de 1966 en Río de Xaneiro, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol brasileiro. Xogaba de centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira en Galicia. Foi a maior estrela e líder indiscutible da mellor época histórica do Compostela, co que chegou a militar catro tempadas na Primeira División durante a década de 1990.[1] É o segundo xogador con máis partidos disputados na historia do club (364) e o que máis veces vestiu a súa camiseta en Primeira (146). Militou tamén no o Botafogo, o Celta de Vigo e o Racing de Ferrol entre outros.

Como adestrador dirixiu varios clubs, tanto en Galicia como en Portugal, o Brasil e Corea do Sur, e pasou ata tres veces polo banco do Compostela.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Inicios no Brasil

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol nas rúas do seu Río de Xaneiro natal, ata que conseguiu pasar unha proba para entrar na canteira do Botafogo, despois de tentalo sen éxito nas do Fluminense e do Vasco da Gama.[2] En 1986 debutou co primeiro equipo pero o club non apostou por el, preferindo cedelo a outros conxuntos.[2] En 1988 xogou no estado de Minas Xerais, cedido no Fabril e no Cruzeiro, antes de pasar a comezos de 1989 ao São José, tamén en préstamo. No equipo de São José dos Campos participou da mellor tempada da historia do club, acadando a final do Campionato Paulista, onde caeu derrotado no Morumbi ante o São Paulo de Carlos Alberto Silva.[2]

Celta de Vigo

[editar | editar a fonte]

En xullo de 1989 fichou polo Celta de Vigo, co que debutou o 6 de setembro do mesmo ano, nun partido da Copa do Rei ante a UD Las Palmas no Estadio Insular, ingresando ao campo na segunda parte como substituto de Mosquera. Once días despois produciuse a súa estrea na Primeira División, fronte ao Athletic Club en San Mamés. Na segunda metade da tempada asentouse na titularidade e conseguiu o seu primeiro gol nunha goleada por 5-1 sobre o Cádiz en Balaídos. Con todo, o equipo acabou penúltimo e perdeu a categoría.

Titular indiscutible durante os seguintes dous anos en Segunda División, acadou os 114 partidos coa camiseta celeste e anotou un total de 17 goles, a maioría deles dende o punto de penalti. Na tempada 1991/92, con Txetxu Rojo como adestrador e Gudelj como gran goleador, o equipo vigués proclamouse campión de Segunda, conseguindo así regresar á Primeira División.[2] Fabiano negociou entón co Celta a súa renovación, pero non chegou a ningún acordo e acabou enfrontado ao vicepresidente Salvador González.[2] Enfadado pola situación, decidiu deixar o club e aceptar unha oferta que o Compostela lle fixo a través do seu xerente, Fidalgo, despois de que este coñecese o malestar do xogador nunha visita a Vigo.[2]

Compostela (1ª etapa)

[editar | editar a fonte]

Peza fixa no centro do campo do equipo de Fernando Castro Santos, disputou un total de 39 partidos durante a súa primeira tempada en Santiago, marcando cinco goles. Na seguinte campaña contribuíu con seis goles ao histórico primeiro ascenso do club á Primeira División, despois de que o equipo rematase a liga en terceira posición e vencese ao Rayo Vallecano na promoción. Foi titular indiscutible durante as seguintes catro tempadas na máxima categoría do fútbol español, tanto con Castro Santos como técnico como co seu sucesor no banco, Fernando Vázquez. Disputou un total de 146 partidos co Compostela en Primeira, sendo o futbolista con máis partidos da historia do club na categoría, con catro máis que o segundo na táboa, o seu compañeiro Franck Passi.[3]

Tralo descenso do Compostela na tempada 1997/98, xogou tres anos máis na capital galega, actuando como capitán, ata que o club sufriu un novo descenso na campaña 2000/01, desta vez á Segunda División B. A pesar de renovar co Compos para xogar na división de bronce, en xullo de 2001 recibiu unha oferta millonaria do Botafogo, o que sumado a circunstancias familiares, fixo que se desvencellase do club galego perdoando o diñeiro que este lle debía e regresase á súa cidade natal e ao equipo no que comezara a súa carreira.[4][5]

No club alvinegro atrasou a súa posición, xogando como home libre por diante da defensa.[6] Disputou o Campionato Brasileiro de 2001 e d Campionato Carioca de 2002, actuando como titular e capitán do equipo.[6][7] O seu contrato co Botafogo rematou en xullo de 2002, momento no que José María Caneda, presidente do Compostela, que acababa de regresar á Segunda División, conseguiu fichar de novo ao xogador, despois de meses tentándoo.[7]

Compostela (2ª etapa)

[editar | editar a fonte]

A súa segunda etapa no club santiagués durou unha tempada, e a pesar dos seus 36 anos, disputou como titular case todos os partidos de liga. O 21 de xuño de 2003, ante o Levante, disputou o seu 364º e derradeiro encontro coa camiseta branquiazul e marcou o seu gol número 47. Deixou o Compostela como o segundo xogador con máis partidos da súa historia, superado só polos 384 de Bellido.[8]

Racing de Ferrol

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2003, tralo descenso administrativo do Compostela, confirmouse a fichaxe de Fabiano polo Racing de Ferrol, club da Segunda División B. Co equipo adestrado por Luis César Sampedro disputou 30 encontros, 25 deles como titular, e marcou dous goles, contribuíndo ao ascenso do club á categoría de prata. A continuación puxo fin á súa carreira como futbolista, aos 38 anos de idade.[9]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

En 2005 comezou a súa carreira como adestrador, tomando as rendas dos xuvenís do CD Estradense e en setembro de 2006 foi presentado como adestrador do Compostela, nesa campaña en Rexional Preferente, tras a volta de José María Caneda ao club.[10] Con todo, dimitiu só tres meses despois.[11] En febreiro de 2007 pasou a dirixir durante dous meses ao Bergantiños,[12] e en outubro de 2009 regresou á SD Compostela, desta vez en Segunda B, trala destitución de Chus Baleato.[13] Non conseguiu salvar o equipo, que acabou descendendo á Terceira División. Na tempada 2010/11 dirixiu ao Estradense en Terceira, obtendo o 12º posto da táboa.

En 2011 asinou co Estoril, entón na Segunda División portuguesa, como segundo adestrador de José Couceiro. Tras a saída deste en marzo de 2015 pasou a exercer como adestrador xunto a Hugo Leal.[14] Tras o remate da tempada continuou outro ano e medio como adestrador en solitario, ata a súa destitución en decembro de 2016.[15]

En xullo de 2017 foi anunciado como novo adestrador do Atlético Paranaense,[16] club do Campionato Brasileiro que estaba ao bordo do descenso, e conseguiu salvar con relativa comodidade a categoría. En xaneiro de 2019 fichou como novo adestrador do Jeonnam Dragons, na segunda división surcoreana, club no que estivo ata xullo.[17] En abril de 2021 regresou ao fútbol brasileiro, como novo adestrador do Barra de Balneário Camboriú, pero foi destituído só dous meses despois, pouco antes do inicio da Serie B do Campionato Catarinense.[18] En abril de 2022 sentou no banco do Vitória, que militaba na Serie B do Campionato Brasileiro, ocupando postos de descenso á Serie C.[19] Conseguiu sacar o equipo das posicións de descenso, pero aos dous meses da súa chegada foi cesado do seu cargo, despois de tres vitorias, dous empates e catro derrotas en nove partidos.[20]

En xullo de 2022 iniciou a súa quinta etapa no Compostela, a terceira como adestrador, collendo a remuda de Rodri Veiga, técnico durante a campaña anterior. Dirixiu o equipo branquiazul durante 27 xornadas de liga, ata que foi cesado en marzo de 2023, ocupando nese momento a terceira posición da Segunda División RFEF, un punto por debaixo do Guijuelo e a 14 do líder, o Arenteiro.[21]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Celta de Vigo
  1. "«Volveré para vivir en Galicia»". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 30 de xullo de 2001. p. 29. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Iglesias, Denis. "Fabiano: «¡Éramos el equipo de Galicia!»". Revista Líbero (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2023. 
  3. "Listado de jugadores del Compostela". BDFutbol (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2023. 
  4. "Fabiano recibe una oferta del Botafogo brasileño". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xullo de 2001. Consultado o 29 de marzo de 2023. 
  5. "Fabiano Soares entrenó por última vez en San Lázaro". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 29 de xullo de 2001. p. 37. 
  6. 6,0 6,1 "Fabiano Soares disfruta del fútbol en el Botafogo". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 2001. Consultado o 29 de marzo de 2023. 
  7. 7,0 7,1 "Caneda sueña con Fabiano". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 29 de xaneiro de 2002. p. 33. 
  8. "Listado de jugadores del Compostela". BDFutbol (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2023. 
  9. "Nuevo centrocampista del Racing". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 23 de agosto de 2003. p. 27. 
  10. "Fabiano asegura que el objetivo de la SD es acabar lo más dignamente posible" Arquivado 05 de setembro de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 16 de abril de 2010.
  11. "El Compos ganó al Ciudad en un intenso tramo final". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de decembro de 2006. p. 38. 
  12. "Fabiano entrenará al Bergantiños hasta junio". La Opinión A Coruña (en castelán). 3 de febreiro de 2007. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  13. "Fabiano será el capitán que dirigirá el barco del Compos" Arquivado 10 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 22 de outubro de 2009.
  14. "Fabiano Soares e Hugo Leal na equipa técnica do Estoril" (en portugués). 3 de marzo de 2015. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  15. "El Estoril destituye a Fabiano" (en castelán). 13 de decembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  16. "Atlético-PR anuncia Fabiano Soares, ex-Estoril, como o novo técnico" (en portugués). 11 de xullo de 2017. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  17. "Fabiano, líder del Compostela en Primera, firma como técnico del Dragons de Corea". Marca (en castelán). 8 de xaneiro de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  18. "Barra FC comunica a saída do técnico Fabiano Soares há menos de duas semanas para a estreia na Série B" (en portugués). 17 de xuño de 2021. Consultado o 21 de xullo de 2022. 
  19. "Fabiano Soares é demitido do comando do Vitória após derrota para o Botafogo-SP" (en portugués). 19 de xuño de 2022. Consultado o 21 de xullo de 2022. 
  20. "Fabiano Soares lamenta demissão do Vitória: "Situações impossibilitaram evolução"" (en portugués). 20 de xuño de 2022. Consultado o 21 de xullo de 2022. 
  21. "O Compostela cesa Fabiano Soares". Nós Diario. 23 de marzo de 2023. Consultado o 31 de marzo de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]