Ext2
O ext2 ou segundo sistema de ficheiros estendido foi o sistema de ficheiros padrón utilizado no sistema operativo Linux durante moito tempo e aínda hoxe. Foi deseñado inicialmente por Rémy Card, quen se baseou en conceptos do sistema de ficheiros estendido. É bastante rápido, tanto como para ser o padrón contra o que se realizan moitas probas de comparación (benchmarks). A súa principal desvantaxe é que non é un sistema de ficheiros con xornal. O seu sucesor, o ext3 si ten un xornal e é compatíbel co ext2.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Grupos de bloques
[editar | editar a fonte]Cada bloque contén:
- Súper bloques
- Descritores do sistema de ficheiros
- Bitmap de bloques
- Bitmap de inodos
- Táboa de inodos
- Bloques de datos
Súper bloque
[editar | editar a fonte]Un súper bloques contén:
- Número de inodos
- Número de bloques
- Conta dos bloques reservados
- Número do primeiro bloque de datos
- Tamaño dos bloques
- Tamaño dos fragmentos
- Número de bloques por grupo
- Número de fragmentos por grupo
- Número de inodos por grupo
- Hora de montaxe
- Hora de escrita
- Conta das montaxes
- Conta máxima de montaxes
- Sinatura máxica
- Estado do sistema de ficheiros: válido (desmontado limpamente) ou erro
- Comportamento na detección de erros
- Nivel de revisión menor
- Hora á que se comprobou o ficheiro por última vez
- Tempo máximo entre comprobacións
- Usuario e ID do grupo por omisión para os bloques reservados
Inodos
[editar | editar a fonte]Un inodo contén:
- Modo do ficheiro: permisos de lectura, escrita e execución
- ID do propietario
- Tamaño do ficheiro en bytes
- Hora do último acceso (atime)
- Hora de creación (ctime)
- Hora de modificación (mtime)
- Hora de eliminación (dtime)
- ID do grupo
- Conta de ligazóns
- Conta de bloques
- Bandeiras
- Bloques empregados
- Bloques directos
- Bloques indirectos
- Bloques indirectos dobres
Directorios
[editar | editar a fonte]Un bloque contén unha lista de números de inodos e nomes de entradas de directorios.
Ficheiros
[editar | editar a fonte]Simplemente un grupo de bloques. O número de bloques armacénase no inodo do ficheiro. Non hai número máxico ou semellante, son só bloques crus de datos.
Vínculos
[editar | editar a fonte]Vínculos duros e brandos
Ficheiros especiais
[editar | editar a fonte]Créanse con mknod
: ficheiros especiais de bloque e de carácter
FIFOs