Estadio de Gran Canaria
Gran Canaria | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | As Palmas, España | |||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | |||
Provincia | Las Palmas | |||
Concello | As Palmas de Gran Canaria ![]() | |||
Construción | ||||
Fundación | 8 de maio de 2003 ![]() | |||
Inauguración | 8 de maio de 2003 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 31.250 | |||
Tipo superficie | céspede ![]() | |||
Implicados | ||||
Propietario(s) | Cabido de Gran Canaria | |||
Arquitecto(s) | Pedro Medina | |||
Operador(es) | UD Las Palmas ![]() | |||
Ocupante(s) | UD Las Palmas ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | UD Las Palmas | |||
Eventos | ||||
| ||||
[ Wikidata ] |
O Estadio de Gran Canaria é un estadio de fútbol da cidade das Palmas de Gran Canaria, nas Canarias, España. É un recinto deportivo que alberga os partidos da Unión Deportiva Las Palmas, equipo que milita actualmente na Segunda División.
Inauguración
[editar | editar a fonte]O Estadio de Gran Canaria foi inaugurado o 8 de maio de 2003 cun partido que enfrontou á Unión Deportiva Las Palmas co RSC Anderlecht, no que se rexistrou o seu primeiro cheo. O resultado do encontro foi un 2-1 favorable ao conxunto canario. O primeiro gol anotado neste escenario conseguiuno o futbolista grancanario Rubén Castro. Sucesor do Estadio Insular, onde ata entón xogaba os seus partidos caseiros a UD Las Palmas, o Estadio de Gran Canaria conta con pistas de atletismo.
Partidos internacionais
[editar | editar a fonte]O seleccionador Luis Aragonés dirixiu o seu primeiro amigable coa selección española neste estadio, fronte á selección de Venezuela, o 18 de agosto de 2004. O partido terminou coa vitoria dos españois por 3-2.
O 18 de maio de 2007, a Real Federación Española de Fútbol acordou designar ao Estadio de Gran Canaria como sede do partido que enfrontou a España e Irlanda do Norte (1-0) o 21 de novembro de 2007, valedoiro para a fase de clasificación da Eurocopa 2008.
Tras varios anos de ausencia, a Selección de fútbol das Canarias reaparece ante Angola no Estadio de Gran Canaria o 28 de decembro de 2007 (2-0).
Coa celebración do derbi rexional entre a UD Las Palmas e o CD Tenerife o 5 de abril de 2008, o Estadio de Gran Canaria rexistrou unha entrada de 29.123 espectadores, o que lle converte no derbi con maior asistencia da historia do fútbol canario.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Récord de asistencia ao derbi canario Arquivado 11 de xuño de 2008 en Wayback Machine..