Estadio Nacional de Pequín
Estadio Nacional de Pequín 国家体育场/國家體育場 | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Alcumado "Niño de Paxaro" | ||||
Tipo | estadio ![]() | |||
Estilo | arquitectura high-tech ![]() | |||
Custo | 4 billóns de iuáns (USD $500 millóns) | |||
Deporte | atletismo e fútbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | CITIC Group (pt) ![]() ![]() | |||
Ocupante | Selección de fútbol de China ![]() | |||
Propietario/a | Goberno da República Popular da China | |||
Arquitecto/a | Jacques Herzog Pierre de Meuron | |||
Datas | ||||
Inauguración | xuño de 2008 | |||
Acontecementos | ||||
Xogos Olímpicos de 2008 ![]() | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 91.000 | |||
Tipo superficie | céspede ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | República Popular da China | |||
Capital nacional | Pequín | |||
Distrito da China | Chaoyang District (en) ![]() | |||
Subdistrict (en) ![]() | Aoyuncun Subdistrict (en) ![]() ![]() | |||
Localización | ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | n-s.cn… ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O Estadio Nacional de Pequín (en chinés: 国家体育场/國家體育場, guójiā tǐyùchǎng) foi o estadio Olímpico para os Xogos do 2008 en Pequín, China, deseñado polos arquitectos suízos Jacques Herzog e Pierre de Meuron, os mesmos arquitectos que deseñaron o estadio Allianz Arena. Con eles colaborou na parte artística, o artista chinés Ai Weiwei.
O Estadio Nacional de Pequín, é comunmente chamado niño de paxaro, debido á rede de aceiro que o cobre. Ten 330 metros de longo, 220 ms de ancho e 69 ms de altura. É un dos catro proxectos que o goberno do país encargou a diversos arquitectos do mundo. Está equipado cun sistema de enerxía solar e de recollida de auga de choiva para a súa rega e limpeza.
Acollerá as cerimonias de inauguración e clausura, as probas de atletismo e a final de fútbol nos XXOO de Pequín.
O Estadio Olímpico de Pequín é, a xuízo dos arquitectos "un brillante desafío estético e estrutural" cuxa audacia artística e técnica tivo necesariamente que impresionar a un xurado do que formaban parte impresionantes profesionais como Koolhaas, Nouvel ou Perrault, outorgando así aos arquitectos suízos o encargo maior e quizais máis decisivo das súas carreira.
Á parte do "Estadio Nacional de Pequín" atópase en construción o "Centro Nacional de China", A "sede da Televisión Central de China" e "O Gran Teatro Nacional".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Nacional de Pequín ![]() |