Epíteto
Epíteto (do grego: ἐπίθετ-ος, ον epítheton: acrecentado, posto ao lado[1]) é un substantivo, adxectivo ou expresión que se asocia a un nome para cualificalo. Pode ser aplicado a persoas, divindades, obxectos ou, na taxonomía, para designar a especie dun vexetal ou animal.
Na épica, os epítetos homéricos substituen por veces o nome dun personaxe, por antonomasia. Na Ilíada, por exemplo, Aquiles é frecuentemente referido apenas polos seus epítetos (Fillo de Tetis, o de Pés Lixeiros, o Mellor dos Aqueos etc.).[2] O mesmo recurso é usado nos cantares de xesta: no Cantar de Mío Cid, Rodrigo Díaz de Vivar (El Cid) é "o que en boa hora cinguiu a espada". Aínda na literatura, Don Quixote é o "Cabaleiro de Triste Figura".
Tamén personaxes históricos poden ser referidas polos seus epítetos, como acontece de forma abundante con monarcas e xenerais consagrados, ou noutros casos como:
- Aristóteles é "o Estaxirita"
- Alexandre é "o Grande".
- Xesús é "o Cristo" (Unxido)
- Santo Agostiño é "o santo de Hipona"
- Atila é "o flaxelo de Deus"
- Kant é o "filósofo de Königsberg"
- Simón Bolívar é "o Libertador"
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Na taxonomía botánica, o epíteto é parte esencial da denominación dun individuo, segundo a nomenclatura binomial, pois define a súa especie ou subespecie; debe polo tanto seguir o nome do xénero. Exemplos: Arisaema candidissimum (candidissimum é o epíteto); Passiflora edulis var. flavicarpa (edulis e flavicarpa son epítetos).
En zooloxía, ambos os termos da nomenclatura binomial son chamados epítetos: o primeiro, relativo ao xénero, é o epíteto xenérico; o segundo, referente á especie, é o epíteto específico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Epithetos. LIDDELL,Henry George e SCOTT, Robert A Greek-English Lexicon. Perseus]
- ↑ Fórmulas e epítetos na lingua homérica Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., por Maria Helena da Rocha Pereira. Alfa, São Paulo 211:1-9, 1984.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |