Entrevista xornalística
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.) |
Unha entrevista é un feito que consiste nun diálogo mantida entre dúas ou máis persoas: o entrevistador ou entrevistadores que interrogan e a persoa ou persoas que contestan. Trátase dunha técnica ou instrumento empregado en diversas actividades profesionais (por exemplo en investigación, medicina, selección de persoal). Unha entrevista non é casual senón que é un diálogo interesado, cun acordo previo e uns intereses e expectativas por ambas partes.
A entrevista xornalística distínguese fundamentalmente por tres factores:
- Un evidente interese cara á persoa entrevistada
- Pericia no manexo da técnica de pregunta e resposta
- Vontade manifesta de difundir o resultado nun medio de comunicación
Pero ademais dunha técnica, utilizada polos profesionais para conseguir información, a entrevista é sobre todo un xénero xornalístico. É unha das técnicas máis utilizadas.
A palabra entrevista provén do francés entrevoir que significa o que se entrevé ou o que se avista.
Orixe do xénero
[editar | editar a fonte]Malia a orixe francesa do termo entrevista, as primeiras entrevistas publicadas e recoñecidas como tal son norteamericanas. Os historiadores non se poñen de acordo se a primeira entrevista foi de James Gordon Bennet (director do New York Herald) en 1836 ou Horace Greely no Tribune de Nova York en 1859. Esta última posúe unha maior proximidade ó concepto actual de entrevista, tanto nos obxectivos coma na forma.
No primeiro texto, o de 1836, é a narración do asasinato de Ellen Jewt e o xornalista recolle o testemuño de Rosita, a ama de chaves, en forma de citas textuais, extractos da conversa e declaracións. A novidade é que se rexistran os diálogos no texto.
O segundo texto é unha entrevista de personaxe. Interesa a persoa e é a persoa, en si mesma, o motivo da entrevista. O xornalista acode a Salt Lake City (Estados Unidos) a reunirse co fundador dos mormóns, Brigham Young.
Tipos de entrevista
[editar | editar a fonte]A entrevista ten un número de variantes case indeterminadas. A continuación, cítanse varios tipos de entrevista que aparecen nos medios de comunicación:
- Informativa ou de actualidade
É a vinculada cos feitos do día
- De divulgación
Sobre temas especializados en avances ou descubrimentos científicos, médicos, tecnolóxicos etc.
A que aporta datos, descricións e opinións sobre un acontecemento presenciado.
Datos, xuízos ou opinións recollidos textualmente.
Preguntas destinadas a obter información sobre a opinión dun sector da poboación sobre un tema.
- Perfil ou biográfica
É próximo á biografía, está baseado na combinación de fontes documentais e testemuñais con datos obtidos da persoa entrevistada.
- Cuestionario fixo
Nalgúns medios úsase periodicamente con distintas persoas. Abrangue rexistros diferentes, desde o humor ata a seriedade.
- De investigación ou indagación
Non aparece publicado con forma de entrevista. Utilízanse para obter ou contrastar información.
Tamén coñecida como creativa ou de personaxe. Interesa o personaxe dunha maneira global, o valor estético do texto e o interese humano.
Outras clasificacións
[editar | editar a fonte]Outras clasificacións existentes son as seguintes:
- Polo seu obxectivo:
Entrevista de opinión, entrevista de noticia ou entrevista de personalidade.
- Pola canle pola que se obtén:
Presencial, telefónica, por chat, por videoconferencia, ou escrita (por cuestionario remitido a través de correo postal, correo electrónico, fax, etc.).
- Polo número de entrevistados:
Individual ou colectiva.
- Pola súa modalidade:
Entrevista estruturada ou formal (preguntas previamente establecidas) ou entrevista non estruturada (desenvolvemento sen preguntas).
O entrevistado
[editar | editar a fonte]Un dos requisitos para que haxa unha entrevista é que o suxeito entrevistado o permita. Isto ocorre normalmente porque ten algún interese en ser entrevistado. As catro razóns principais que pode ter son as seguintes:
- Polo seu propio ego: polo desexo de aparecer nos medios ou que se coñeza a súa opinión.
- Por publicidade: sobre todo os políticos e os famosos, que dependen da publicidade para influír na opinión pública ou para continuar soando. Consideran as entrevistas como publicidade gratuíta.
- Polos ingresos: aínda que segundo moitos códigos deontolóxicos os xornalistas non deberían pagar ós medios, é unha práctica frecuente en medios sensacionalistas. Algúns famosos chegan a ter grandes ingresos por isto.
- Para axudar ó xornalista: algúns suxeitos déixanse entrevistar simplemente para axudar ó xornalista no desenvolvemento do seu traballo.
O Off the Récord
[editar | editar a fonte]O off the récord é a entrevista periodística na que os datos encontrados danse de forma extraoficial, polo que o nome da persoa que subministra a información mantense en segredo e non se revela (en caso de que o solicite).