Saltar ao contido

Enmerkar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnmerkar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. século XXXI a. C. Editar o valor en Wikidata
Mortec. século XXX a. C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: A principios século XXVII a. C. Editar o valor en Wikidata)
Familia
FillosNinsuna Editar o valor en Wikidata
PaiMesh-ki-ang-gasher Editar o valor en Wikidata

Enmerkar (en sumerio: 𒂗𒈨𒅕𒃸; romanizado.: EN.me.er.kar2), foi, segundo a Lista de reis sumerios, o segundo rei da Primeira Dinastía de Uruk en Sumeria. Atribúeselle un reinado de 420 anos.

Aparece na lista despois de Mesh-ki-ang-gasher, rei de Eanna, fillo de Utu, un personaxe descoñecido que desapareceu no mar. Podería ser o seu fillo, e debeu reinar sobre Eanna. Uniu a cidade veciña de Kullaba con Eanna, onde había un gran templo dedicado á deusa Inanna, para formar a gran cidade de Unung ou Uruk. A lenda atribúellee a el a invención da escrita en táboas de barro.

Enmerkar e o seu sucesor Lugalbanda realizaron expedicións bélicas a territorios inimigos descritos como "o vasto bosque de cedros" e "o centro do país montañoso".[1]

  1. Cassin (1975), pp. 53, 60.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cassin, Elena (1975). Los imperios del antiguo Oriente (volume I: Del paleolítico a la mitad del segundo milenio) (en castelán). Madrid: Siglo XXI. ISBN 8432301183. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]