Endocardio
Endocardio | |
---|---|
Interior do lado dereito do corazón | |
Latín | Endocardium |
Gray's | pág.535 |
O endocardio[1] é unha membrana que recobre localmente as cavidades do corazón. Forma o revestimento interno das aurículas e ventrículos. As súas células son semellantes tanto embrioloxicamente como biolóxicamente ás células endoteliais dos vasos sanguíneos. O endocardio é máis groso nas aurículas e presenta tres capas:
- A capa interna ou endotelial
- A capa media ou subendotelial
- A capa externa ou subendocárdica
Descrición
[editar | editar a fonte]Trátase dun delgado revestimento interno do corazón que se atopa constituído por células endoteliais e unha delgada capa de tecido conectivo laxo. No endocardio mural agréganse unha túnica músculo-elástica rudimentaria e antes do miocardio, unha capa grosa subendocárdica de tecido conectivo laxo vascularizado. Porén, debemos lembrar que o endocardio valvular é avascular.
As válvulas cardíacas, ademais do endocardio están constituídas por unha capa fibrosa densa subendocárdica, unha esponxosa de tecido conectivo moi laxo, rico en matriz extracelular e unha ventricularis con moitas fibras elásticas.
As válvulas semilunares (aórtica e pulmonar) presentan comisuras e as auriculoventriculares constitúen un aparello valvular (válvula, cordas e músculo papilar). Todas atópanse insertas nun anel fibroso denso. Coa idade, vólvense máis grosas e máis opacas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para endocardio.