Economía de San Tomé e Príncipe
Economía de San Tomé e Príncipe | ||
---|---|---|
Moeda | Dobra | |
Organizacións comerciais de que fai parte | dato non dispoñíbel | |
Datos estatísticos[1] | ||
PIB | US$ 276,6 millóns (2008) | |
PIB (posición) | 213ª no mundo[2] | |
% de crecemento PIB | 5,5% (2008) | |
PIB per cápita | US$ 1300 (2008) | |
PIB por sector | agricultura 14,6%, industria 14,6%, comercio e servizos 70,8% (2008) | |
Inflación anual | 27% | |
Poboación abaixo da liña da pobreza | 54% (2004) | |
Total da forza de traballo | 35 050 (1991) | |
% traballadores por sector | dato non dispoñíbel | |
Desemprego | dato non dispoñíbel | |
Parcerías comerciais[1] | ||
Exportacións (US$) | 9 millóns f.o.b. (2008) | |
Principais produtos exportados | cacao 80%, copra, café, aceite de palma | |
Principais mercados | Países Baixos 23,7%, Bélxica 23,7%, Francia 12,9%, Estados Unidos 5,9%, Portugal 4,1% (2007) | |
Importacións (US$) | 91 millóns (2008) | |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos eléctricos, alimentos, derivados de petróleo | |
Principais parceiros | Portugal 62,2%, Estados Unidos 11,6%, Gabón 4,5% (2007) | |
Finanzas públicas[1] | ||
Débeda externa | US$ 318 millóns (2002) | |
Receitas (US$) | 47,65 millóns | |
Despesas (US$) | 51,48 millóns | |
Ajuda económica recibida (US$) | 31,9 millóns (2000)[3] |
Desde 1800, a economía de San Tomé e Príncipe baseouse na agricultura. No tempo da independencia, as plantacións de propiedade dos portugueses ocupaban o 90% das terras cultivables. Logo da independencia, o control destas plantacións pasaron a varias empresas agrícolas estatais, que se foron privatizando co tempo. O cultivo dominante en San Tomé e Príncipe é o cacao, que representa un 95% das exportacións. Outros produtos son a copra, palmeira anana, banana e café.
A produción doméstica é inadecuada para o consumo local, polo que o país importa parte desta comida. O goberno, nos últimos anos, esforzouse en expandir a produción alimenticia e outros grandes proxectos, a meirande parte financiada por doantes estranxeiros.
Ademais da agricultura, a principal actividade económica é a pesca e pequenas industrias do sector alimenticio. As paisaxes das illas teñen un potencial atractivo turístico, e o goberno está tratando de mellorar a infraestrutura do lugar, que ata o momento é precaria. O sector do goberno representa un 11% do emprego.
O país ten reservas de petróleo no seu mar territorial que están sendo pesquisadas en conxunto coa Nixeria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2009.
- ↑ Globaledge.msu.edu[Ligazón morta]