Saltar ao contido

Economía de Bélxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Bélxica
Moeda Euro
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Europea, OCDE
Datos estatísticos[1]
PIB 394,9 mil millóns (2010)
Posición do PIB 31ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 1,6% (2010)
PIB per cápita $ 37 900 (2010)
PIB por sector agricultura 0,7%, industria 22,1%, comercio e servizos 77,2% (2010)
Inflación 2,3% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 5,02 millóns (2010)
Forza de traballo por sector agricultura 2%, industria 25%, comercio e servizos 73% (2007)
Desemprego 8,1% (2010)
Industrias produtos de enxeñaría e de metal, montaxe de vehículos motorizados, equipamentos de transporte, instrumentos científicos, procesamento de alimentos e bebidas, substancias químicas, metais básicos, téxtles, vidro, petróleo
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 279,2 mil millóns (2010)
Produtos de exportación máquinas e equipamentos, produtos químicos, diamantes lapidados, metais e produtos de metais, alimentos,
Principais mercados Alemaña 19,58%, Francia 17,71%, Países Baixos 11,84%, Reino Unido 7,21%, Estados Unidos 5,37%, Italia 4,77% (2009)
Importacións 281,7 mil millóns (2010)
Principais produtos importados materias primas, máquinas e equipamentos, produtos químicos, diamantes brutos, produtos farmacéuticos, equipamentos de transporte, derivados de petróleo
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 1 244 mil millóns (2010)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A economía da Bélxica está beneficiada por unha localización xeográfica central, unha rede de transporte moi desenvolvida e unha base industrial e comercial diversificada. A industria está concentrada principalmente na rexión de Flandres, ao norte.

Con poucos recursos naturais, o país importa grandes cantidades de materias primas e exporta principalmente manufacturados[1]. O resultado é unha economía fortemente dependente dos mercados mundiais. Unhas tres cuartas partes de seu comercio se fan con outros países da Unión Europea.

A débeda pública do país representa un 90 % do seu produto interno bruto. En 2009 a súa economía contraeu un 3,4 %, o desemprego creceu lixeiramente e o déficit público aumentou debido ós problemas a grande escala do sector financeiro[1].

Artigo principal: Franco belga.
Artigo principal: Belga (moeda).

A súa moeda anterior era o franco belga. Dende o 1 de xaneiro de 2002 é o euro.

Datos macroeconómicos (2002)

[editar | editar a fonte]

PIB (produto interior bruto)

  • 259.000 millóns de dólares dos EEUU (convertidos segundo paridade do poder de compra). Ano 2000.
  • 281.844 millóns de euros (tipo conversión: 1 dólar = 1,0882 EUR o 30/01/01).

PIB per capita

  • 25.300 dólares dos EEUU (convertidos segundo paridade do poder de compra). Ano 2000.
  • 27.531,46 EUR (tipo de conversión: 1 dólar = 1,0882 EUR o 30/01/01).

Distribución do PIB por sectores

  • Agricultura: 1,4 %.
  • Industria: 26 %.
  • Servizos: 72,6 %.

(Estimacións de 2000).

Crecemento do PIB estimado

  • 4,1 % (estimación de 2000).

Taxa de inflación

  • 2,2 % (estimación de 2000).

Débeda externa

  • 28.300 millóns de dólares dos EEUU (estimación de 1999).
  • 30.796 millóns de EUR (tipo de conversión: 1 dólar = 1,0882 EUR o 30/01/01).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]