Dragon Ball GT: Final Bout
Dragon Ball GT: Final Bout | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | TOSE |
Distribuidora(s) | Bandai Atari (reedición de 2004) |
Deseñador(es) | Jun Hayashibara Kei Matsurikita |
Lanzamento | 21 de agosto de 1997[1] |
Xénero | Loita |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador |
Plataforma(s) | PlayStation |
Serie | Dragon Ball |
Na rede | |
http://www.bandaigames.channel.or.jp/list/db.htm | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dragon Ball GT: Final Bout, coñecido en Europa e no Xapón como Dragon Ball: Final Bout (ドラゴンボール ファイナルバウト Doragon Bōru Fainaru Bauto?), é un videoxogo de loita para a PlayStation. O xogo foi desenvolvido por TOSE e distribuído por Bandai no Xapón, Europa e América do Norte en 1997, sendo o primeiro lanzamento en América do Norte dun videoxogo de Dragon Ball.
Malia que o título norteamericano fai referencia á serie anime Dragon Ball GT, a historia do xogo non ten correlación directa con Dragon Ball GT, sendo os personaxes xogables unha mestura de personaxes de Dragon Ball GT e da súa serie predecesora Dragon Ball Z.[2] A serie de anime Dragon Ball GT non foi lanzada en América do Norte até comezos dos anos 2000. As críticas sobre o xogo foron en gran parte negativas.
O xogo foi reeditado en Europa en 2002 (e traducido a outros idiomas) e en América do Norte en 2004. O xogo comparte a distinción de ser o primeiro xogo de Dragon Ball que se renderizou completamente en 3D e o último xogo de Dragon Ball producido para PlayStation. Non habería outro xogo de Dragon Ball para consolas ata o lanzamento de Dragon Ball Z: Budokai en 2002.
Acollida
[editar | editar a fonte]Recepción | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
No Xapón, o xogo vendeu 245 000 unidades.[9] En América do Norte, debido a que Dragon Ball non era popular na rexión daquela, Bandai America só produciu 10 000 copias do xogo.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ @. "Some Dragon Ball GT Final Bout PS1 scans from the October 1997 V-Jump issue I scanned 🤓 More character intro…" (Chío) – vía Twitter.
- ↑ "Dragon Ball GT: Long Overdue: DB Comes to the U.S.". Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (98): 118. setembro de 1997.
- ↑ "Dragon Ball GT: Final Bout". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2017. Consultado o 31 de decembro de 2016.
- ↑ "Review Crew: Dragon Ball GT". Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (101): 202. decembro de 1997.
- ↑ "ドラゴンボール ファイナルバウト" [Dragon Ball: Final Bout]. Famitsu (en xaponés). Consultado o 9 de novembro de 2021.
- ↑ Gerstmann, Jeff (16 de setembro de 1997). "Dragon Ball GT Review". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2016. Consultado o 23 de abril de 2020.
- ↑ Boor, Jay (7 de novembro de 1997). "DragonBall GT Final Bout". IGN. Consultado o 23 de abril de 2020.
- ↑ "Finals". Next Generation (Imagine Media) (39): 109–110. marzo de 1998.
- ↑ "Dragon Ball Video Game Data". Dragon Ball 30th Anniversary: Super History Book. Shueisha. 2016. p. 216. ISBN 978-4-08-792505-0.
- ↑ "Dragonball GT PS1 game costs $7,000". Destructoid (en inglés). 17 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2015. Consultado o 2019-12-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |