Saltar ao contido

Doncela (peixe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coris julis

Macho de C. julis.

Femia de C. julis.
Femia de C. julis.

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Labridae
Xénero: Coris
Especie: C. julis
Nome binomial
'Coris julis'
(Linnaeus, 1827)

A doncela,[1] tamén chamado señorita ou xulia,[2] (Coris julis) é un peixe teleósteo da familia Labridae, da suborde dos Acantopterixioss, caracterizado polos dobres beizos carnosos que cobren as súas mandíbulas. É de forma oblonga, está revestido de escamas e a súa carne é bastante apreciada. Pódese atopar nos fondos de escasa profundidade no mar Mediterráneo, onde é moi común, e nas costas do leste do océano Atlántico, desde Escocia ata Gabón, incluíndo as costas das illas Canarias. Pode medir ata 25 cm de lonxitude, presenta unha coloración moi viva e, cando percibe perigo, ou durante a noite, entérrase na area.

Características

[editar | editar a fonte]

A femia é máis pequena que o macho, con cores máis apagadas e menos brillantes, tendo o macho maduro unha banda lonxitudinal laranxa.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para doncela.
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]