Donald Tusk
Donald Franciszek Tusk, nado en Gdansk o 22 de abril de 1957, é un político polaco antigo líder da Plataforma Cívica, que foi primeiro ministro de Polonia de 2007 a 2014. Nos tempos da República Popular de Polonia foi o xefe da NZS (Asociación Independente de Estudiantes, en polaco: Niezależne Zrzeszenie Studentów). Logo en Solidariedade.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1991 fundou (con Jan Krzysztof Bielecki) o Congreso Liberal Democrático (Kongres Liberalno-Demokratyczny). Logo en 1994 foi vicepresidente da Alianza da Liberdade (Unia Wolności). De 1997 a 2001 foi o vicepresidente do Senado (Senat), e de 2001 a 2005 vicepresidente do Sejm. En 2001 fundou con Maciej Płażyński e Andrzej Olechowski un novo partido: a Plataforma Cívica, que presidiu dende 2003 ata 2014. En 2005 Donald Tusk perdeu as eleccións presidenciais de Polonia.
Despois do seu partido perder as eleccións lexislativas de 2007, encabezou o novo executivo na función de primeiro ministro.
Donald Tusk está casado, ten un fillo, Michał, e unha filla, Katarzyna.
Predecesor: Jarosław Kaczyński |
Primeiro Ministro de Polonia 2007 – Presente |
Sucesor: Por definir |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Donald Tusk |