Saltar ao contido

Disturbio 77

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OrixeVigo, Galiza
Período1995-2000//2011-
Xénero(s)Punk
MembrosPutxo (voz)
Luis (guitarra e voz)
Manu (batería)
Yago (baixo)
Manel (guitarra e coros)
Antigos membrosPutxo (voz)
Luis (guitarra e voz)
Kino (batería)
Esteban (baixo e voz)
Mikele (guitarra)
Na rede
Musicbrainz: bef780ff-77e3-40ed-8f43-95810e805c8e Discogs: 3510290 Editar o valor en Wikidata

Disturbio 77 é un grupo de punk nado en Vigo a mediados dos 90. É un grupo feito en Sonoro Terapia. Durou cinco anos, nos que gravaron unha maqueta "No te salgas del rebanho", un cd "Vuelven otra vez", participaron no recompilatorio galego "Estado de sitio" con cinco temas inéditos, e un último cd publicado postmortem titulado "Escupiendo flemas y alterando el sistema", no que tamén se inclúen os cinco temas do "Estado de sitio". Nestes anos tocaron nuns 60 concertos en Galiza e Euskadi con bandas como Peter and The Test Tube Babies, UK Subs, The Business e un longo etc.

No ano 2011 volven outra vez, nun principio para dar algún concerto esporádico e gravan un DVD en directo que non editan, na Sala Inferno de Vigo (Actual Sala MasterClub) o 28 de abril de 2011 pero do que si publican unha boa parte en Youtube:

Konzerto Disturbio 77 na Sala Inferno (28/4/2011)

Por estas datas levan dados 8 concertos máis; 6 na Galiza e dous deles en Bilbao.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • No te salgas del rebanho
  • Vuelven otra vez
  • Escupiendo flemas y alterando el sistema

Colaboracións

[editar | editar a fonte]
  • Estado de Sitio - 2001 Achegan cinco temas inéditos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]