Desigualdade de xénero
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A desigualdade de xénero é o fenómeno que ocorre cando un colectivo, ben sexa de xénero masculino ou feminino, ten privilexios por encima do outro, desprezando os dereitos deste último.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Co movemento feminista iniciouse un proceso de recoñecemento das achegas das mulleres, reivindicáronse os seus dereitos sexuais e o dereito a decidir sobre o seu propio corpo, analizouse a súa situación no traballo, púxose de relevancia o seu modo de ser, de ver a realidade, etc. En definitiva, deuse valor ao seu modo de ser e estar no mundo. Debemos recoñecer a importancia deste movemento sen esquecer que houbo importantes logros anteriores a favor da equidade. Lembremos, por exemplo, a loita das mulleres polo seu recoñecemento como cidadás (o voto feminino) ou a reclamación de dereitos laborais que acabou coa vida de 146 obreiras da fábrica Cotton de Nova York, o día 8 de marzo de 1908.[1]
Este recoñecemento propiciou que se produzan transformacións no ámbito do dereito, a ciencia ou a arte, visibilizando o papel das mulleres nos diversos escenarios da vida. No entanto, o recoñecemento de dereitos non foi necesariamente acompañado dunha mellora da situación das mulleres cara á igualdade. Considérase que mesmo nos países chamados 'desenvolvidos' existe unha brecha entre os dereitos e igualdades expresados formalmente e os recoñecidos realmente. Por todo iso é necesario abundar nas desigualdades de xénero existentes e realizar unha análise dende os diversos ámbitos de intervención, porque na maioría dos casos, ás desigualdades sociais existentes e sobre as que é preciso intervir súmanse as desigualdades de xénero.[2]
Pereira de Andrade sinala que o xénero máis vulnerable a sufrir discriminación é o feminino, derivado dun sistema que centra o peso de obrigacións sobre o home, chamado sistema patriarcal. Entre as consecuencias deste sistema patriarcal, atópase a chamada violencia de xénero.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Conmemoración y resignificación". El Economista. 8 de marzo de 2016.
- ↑ Muñoz, Amador, Vicente Luis, Gimero Monreal, Carmen María (2012). Narcea Ediciones, ed. Intervención social y género. p. 7, 8. ISBN 978-84-277-1869-2.
- ↑ Pereira de Andrade, Vera Regina (1 de xullo de 2005). "A soberania patriarcal: o sistema de justiça criminal no tratamento da violência sexual contra a mulher" (PDF). Seqüência (Florianópolis, Brazil) no. 50 (en portugués). ISSN 0101-9562. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2017.