Deserto da Patagonia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Tipo | deserto ecorrexión da WWF | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Veinticinco de Mayo (departamento de Rio Negro), Arxentina (pt) | ||||
| |||||
Características | |||||
Punto máis alto | Domuyo (en) (4.709 m ) | ||||
O deserto da Patagonia, tamén coñecido como estepa da Patagonia, é o maior deserto da Arxentina e o oitavo maior deserto do mundo por área, ocupando unha área de aproximadamente 673 000 km2. Atópase principalmente na Arxentina, con pequenas partes en Chile e está limitado polos Andes, polo oeste, e polo océano Atlántico polo leste, na rexión da Patagonia, no sur da Arxentina. Ó norte do deserto atópase a rexión de Cuyo e as Pampas. A parte central da estepa está dominada por gamallos e plantas herbáceas que son maiores cara ó oeste, onde hai máis precipitacións e gramíneas.[1] Topograficamente, o deserto componse de chairas e macizos atravesados por vales de ríos e canóns. As partes máis occidentais teñen lagos de orixe glaciar e montañas con bosques de clima frío.
Estivo habitado por cazadores recolectores dende tempos prehispánicos, e dende o século XIX tivo migracións de mapuches, chilenos, arxentinos, galeses e outros pobos europeos que o transformaron nunha zona fronteiriza conflitiva nunha parte integral da Arxentina, con gandería de vacas, ovellas e cabalos.
Acadou grande importancia económica no século XIX, cando se descubriron abondosas reservas minerais. A súa maior riqueza é o petróleo, mentres que o seu subsolo é rico en ferro. De poboación reducida, ten como actividades aínda a agricultura de cereais e a gandería tradicionais. De grande extensión, limita polo océano Atlántico e pola Cordilleira dos Andes, cun clima variado de semiárido a polar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Physical Geography of Patagonia and Tierra del Fuego. Andrea M.J. Coronato, Fernando Coronato, Elizabeth Mazzoni and Mirian Vazquez