Saltar ao contido

Desdentados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desdentados / Edentados
Edentata

Oso formigueiro de colar Tamandua tetradactyla
nun gravado do século XVIII
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Placentalia (= Eutheria)
Orde: Edentata
Vicq d'Azyr, 1792

O dos desdentados[1] ou edentados (Edentata) constitúe un taxon de mamíferos placentarios hoxe en día abandonado. Reunía aos armadillos ou tatús, os osos formigueiros, os preguiceiros, os pangolíns e os oricteropos.

Un grupo controvertido

[editar | editar a fonte]

Aínda que o termo desdentados implica a ausencia de dentes, só os pangolíns e os osos formigueiros están totalmente desprovistos deles, os demais membros do grupo non teñen dentes incisivos dianteiros e carecen (ou, se os teñen, están pouco desenvolvidos) os molares. Trataríase dun exemplo de converxencia evolutiva.[2][3]

A homoxeneidade deste grupo suscitou un debate xa na segunda metade do século XIX e, en 1872, Thomas Huxley desprazou aos pangolíns e os oricteropos a unha orde separada. Pouco despois, Edward Cope propuxo o termo Xenarthra para reagrupar os desdentados suramericanos.

Este clado foi confirmado por análises moleculares como polifilético e, en consecuencia, os desdentados foron divididos, para reflectir a súa verdadeira filoxenia, nas ordes dos Pilosa (pilosos), que engloba aos osos formigueiros e os preguiceiros, e o dos Cingulata (cingulados), que comprende os armadillos.[4][5]

Nota: Para ver o estado deste grupo até hai poucos anos, véxase Maldentados na Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 78–88.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Edentata está formado polo elemento do latín e- que indica a acción de "separar", de "privar de algunha cousa", e dentata, nominativo plural do adxectivo dentatus, a-, -um, "dentado", "que ten dentes". Literalmente: "os privados de dentes".

  1. desdentado, 3ª acep. no dicionario da RAG.
  2. Rose, Kenneth D. & J. David Archibald, eds. (2005): The Rise of Placental Mammals. Lectura (parcial) online.
  3. Rose, Kenneth D. & J. David Archibald, eds. (2005): The Rise of Placental Mammals. Origins and Relationships of the Major Extant Clades. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkis University Press. ISBN 978-0-8018-8022-3. Referencia na JH.
  4. Delsuc, Frédéric; Catzteflis, François M.; Stanhope, Michael J. & Douzery, Emmanuel J. P. (2001): "The evolution of armadillos, anteaters and sloths depicted by nuclear and mitochondrial phylogenies: implications for the status of the enigmatic fossil Eurotamandua" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Proc. R. Soc. Lond. B 268: 1476.
  5. Murphy, W. J.; Pringle, T. H.; Crider, T. A.; Springer, M. S. & Miller, W. (2007): "Using genomic data to unravel the root of the placental mammal phlogeny". Genome Research 17 (4): 413–421. Resumo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazón s externas

[editar | editar a fonte]