Declaración de independencia de Finlandia
Aparencia
A declaración de independencia de Finlandia (en finés: Suomen itsenäistyminen) foi adoptada polo parlamento de Finlandia o 6 de decembro de 1917. A través dela, Finlandia deixou de ser un Gran Ducado ligado ao Imperio Ruso, e volveuse un estado soberano e independente. Dende entón, o día 6 de decembro é festividade nacional en Finlandia.