Saltar ao contido

Dearest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Dearest»
sinxelo de Ayumi Hamasaki
do álbum I am...
Lanzamento 27 de setembro de 2001
Formato {{{formato}}}
Gravada 2000
Xénero musical J-Pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 59:27
Discográfica avex trax
Produtor(es) Max Matsuura
Escritor(es) Ayumi Hamasaki
Cronoloxía
«Unite!» «Dearest» «A Song Is Born»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Dearest é o single nº 24 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o día 27 de setembro do ano 2001 baixo o selo avex trax.

Este é un dos únicos temas de Ayumi Hamasaki que formaron parte da banda sonora dun anime. A canción “Dearest” utilizouse como un dos endings da serie Inuyasha, e tamén se incluíu en varias compilacións desta serie.

O sinxelo foi un grande éxito, entrando ó primeiro lugar das listas de Oricon e tamén valéndolle a Ayumi para participar no Kohaku Uta Gassen do ano 2001 con este tema. Ademais, Ayumi gañou un Japan Record Award pola mellor canción dese ano.

Para esta canción foron feitos dous vídeos musicais, un da versión orixinal e outro da versión acústica. Ámbolos vídeos foron incluídos na compilación en DVD “COMPLETE CLIP BOX A”. Ámbalas versións tamén están presentes neste single, pero lanzouse unha versión mellorada de “Dearest” acústico no single "No way to say" en 2003.

O single tamén inclúe remixes de “NEVER EVER”, “Endless sorrow” e “M” creados por recoñecidos DJs House occidentais, como son Jonathan Peters, Hex Hector e Johnny Vicious.

Lista de temas

[editar | editar a fonte]
# Título
1. Dearest "Original Mix"
2. Dearest "Depth Nostalgic windmix"
3. NEVER EVER "Jonathan Peters Radio Mix"
4. Dearest "Energized MIX"
5. Dearest "Huge '20011002' mix"
6. Endless sorrow "Hex Hector Main Radio Mix"
7. Dearest "Laugh & Peace Mix"
8. Dearest "Fresh energy Mix"
9. M "Johnny Vicious RADIO VOX"
10. Dearest "Original Mix -Instrumental-"
11. Dearest "Acoustic Piano Version"

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
27 de setembro de 2001 Oricon Daily Singles Chart #1
27 de setembro de 2001 Oricon Weekly Singles Chart #1 363,730 750,420 16
27 de setembro de 2001 Oricon Yearly Singles Chart #17