Saltar ao contido

Davos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDavos
Davos (fr)
Davos (it) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°48′33″N 9°50′23″L / 46.80906, 9.83983
Estado federadoSuíza
CantónsGrisóns
Region of Graubünden (en) TraducirRegião de Prettigovia/Davos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación10.862 (2019) Editar o valor en Wikidata (38,25 hab./km²)
Lingua oficialSwiss High German (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie284 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLandwasser (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude1.559 m-1.563 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Arosa (pt) Traducir
Schmitten (pt) Traducir
Bergün Filisur (pt) Traducir
Klosters Serneus (en) Traducir
S-chanf (pt) Traducir
Zernez (pt) Traducir
Susch (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoTarzisius Caviezel (pt) Traducir (2013–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
SGV-ACS (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal7265, 7260, 7270, 7276, 7277, 7278, 7294 e 7272 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico081 Editar o valor en Wikidata
Código de municipio suízo3851 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgemeindedavos.ch Editar o valor en Wikidata

Davos (en romanche Tavau, en italiano Tavate) é unha cidade e comuna Suíza do cantón dos Grisóns, situada no distrito de Prättigau/Davos, círculo de Davos.

Vista de Davos dende o ar no inverno

A partir do 1 de xaneiro de 2009 trala fusión coa comuna de Wiesen, Davos converteuse na comuna máis grande de Suíza, quitándolle o posto á comuna valesana de Bagnes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte con Klosters-Serneus, ao leste con Susch, ao sur con S-chanf e Bergün/Bravuogn, ao suroeste con Filisur e Schmitten, e ao oeste con Arousa e Langwies.

Puntos de interese xeral

[editar | editar a fonte]

Davos é famoso por ser a sede do encontro mundial do Foro Económico Mundial, no que se reúnen as elites sociais e económicas do mundo. Tamén é famosa pola celebración de eventos de deportes de inverno, como a Copa Spengler, o torneo de clubs máis antigo de hóckey sobre xeo.

Davos non é só un dos maiores lugares de vacacións de montaña, de deportes e de congresos nos Alpes, senón tamén a cidade de Europa de maior altitude (1560 - 2844 metros, 5100 - 9300 pés). Davos atópase na parte suroriental de Suíza, no cantón dos Grisónss. O idioma oficial é o alemán. Davos é un lugar multicultural; practicamente todo o mundo pódese entender en inglés, francés ou italiano.

A Davos chégase comodamente desde todas partes en automóbil ou en tren. O aeroporto máis próximo é o Zürich, a viaxe en auto desde alí dura 2 horas e en tren tárdase 2 horas e 30 minutos.

Datos de Davos

[editar | editar a fonte]

Davos sitúase a unha altitude de 1.560 m (5.100 pés). A súa poboación é de 10.491 habitantes no 2005.

Conta con:

  • 100 restaurantes.
  • 24.000 camas entre hoteis e casas de vacacións.
  • 200 tendas nas que se pode pagar con francos suízos CHF, euros EUR e cartas de crédito.
  • 54 instalacións.
  • 1 estación de remonte a 2.844 metros (9.300 pés).
  • 300 quilómetros de pistas de esquí (186 millas) cunha pista de 12 quilómetros.
  • 97 quilómetros de camiños para sendeirismo no inverno (60 millas).
  • Campo de golf de 18 buracos
  • 75 quilómetros de itinerarios para esquí de fondo (47 millas).

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]