Saltar ao contido

Daniel Cortezón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Cortezón
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 2009 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX884324 AELG: 168 BUSC: cortezon-daniel-1927

Daniel Cortezón Álvarez, nado en Ribadeo o 6 de febreiro de 1927 e finado en Lugo o 4 de outubro de 2009,[1] foi un prolífico escritor galego, autodidacta, coñecido de xeito principal pola súa produción teatral, fundamentalmente de carácter histórico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de carabineiro, a guerra civil española obrigouno a fuxir a Francia coa súa familia. Volveu con 12 anos a Ribadeo, comezando de aprendiz nunha botica, onde traballou ata 1963. Comezou a súa formación autodidacta. Con posterioridade traballou en León e Madrid (de 1965 á súa xubilación), chegando a ser redactor xefe da revista Auxiliares de Farmacia e participando nos parladoiros do Café Gijón.

Ó seu retorno a Galicia residiu en Vigo e Ribadeo de xeito alternativo, onde foi pregoeiro da XIX Feira do Libro Galego (Ribadeo, 1988) e mantivo numerosos contactos no eido cultural, como a súa relación coa Asociación Cultural Francisco Lanza, ou a amizade con Fermín Penzol e Juan Luis Vega Prada. Con anterioridade a este retorno xa destacara na labor cultural, máis aló do resalte como escritor participando en iniciativas como o padroádego da Biblioteca El Viejo Pancho de Ribadeo, que para el foi unha fase de dedicación a unha institución á que tanto lle debía.

Persoa serena, cunha ampla e rica cultura debida a unha autoformación. Sirvan as frases seguintes de autodefinición do que foi a súa formación: “Eu son absolutamente autodidacta. Apenas fun á escola para aprender as primeiras letras. Da biblioteca de Ribadeo lin, ao longo de vinte e tantos anos, no mostrador da farmacia, os máis de 3000 volumes cos que contaba”.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • O renarte Ciprián, 1960.
  • Nicolás Flamel, 1966, separata de Grial.
  • Prisciliano, 1970, Galaxia.
  • Xelmírez ou a gloria de Compostela, 1974, Nós (Bos Aires).
  • A diáspora, 1976, Ediciós do Castro.
  • Os Irmandiños, 1978, Ediciós do Castro.
  • Pedro Madruga. Representación histórica, 1981, Ediciós do Castro.
  • Danza, contradanza y metamorfosis de moros y cristianos, 1982
  • Crónica de Enrique IV, 1985.
  • Castelao ou A paixón de Galiza I: O animador de ilusións, 1986, Ediciós do Castro.
  • Castelao ou A paixón de Galiza II: O árbores e os xuncos, 1989, Ediciós do Castro.
  • Castelao ou A paixón de Galiza III: intermezzo bufo (traxicomedia épica), 1996, A-Z Ediciones.
  • Castelao ou A paixón de Galiza IV: o pudor e a angustia, 1997, A-Z Ediciones.
  • Crónica del rey don Pedro, 1998.

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]

Suso Peña: La Mirada Mágica (Publilar, 2006, ISBN 978-84-611-1666-9), por Daniel Cortezón, Jaime Fernández e Manuel López. Confeccionado tras a morte de Suso Peña, coma homenaxe, recolle fotos, debuxos e banda deseñada, con texto de Daniel Cortezón.

Publicou ademais diversos artigos en revistas de moi diverso estilo, como 'Sobor das condicións do asalto á razón' (Cadernos Ribadenses, 1990).

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  • Premio Auxiliares de Farmacia por Decálogo del auxiliar de farmacia (1953).
  • Premio Vilar Ponte do Centro Galego de Bos Aires, por Prisciliano.
  • Premiado no concurso literario organizado pola Casa Galicia de Nova York polo ensaio De la Saudade y sus formas (1959).
  • Premio Santiago Rusiñol de Teatre do Festival de Sitges, por Pedro Madruga (1977).
  • Primeira convocatoria do Premio Blanco Amor por A Vila Sulagada (1981).
  • Finalista do Premio Nacional de Teatro por Castelao ou A paixón de Galiza III: intermezzo bufo (traxicomedia épica) (1998).
  • Lucense do ano (2000).
  • Socio de honra da Coral Polifónica de Ribadeo desde o ano 2001, e déuselle o seu nome á mostra anual de Teatro Afeccionado dende o ano 2003. En pleno de 8 de xullo de 2002, a Corporación Municipal de Ribadeo acordou darlle a unha rúa o seu nome, a raíz da petición dunha comisión pro-homenaxe, distincións que salientaron non só a súa actividade literaria senón de promoción de cultural, pois foi, por exemplo, o membro máis novo do padroádego municipal que creou e puxo en marcha a actual Biblioteca Pública El Viejo Pancho de Ribadeo en 1957.

Formou parte do Consello Asesor da revista Cadernos Ribadenses.

No 2011 publicouse un libro homenaxe con máis de 70 colaboracións.

No ano 2003 comezouse a facer en Ribadeo unha mostra de teatro na súa honra.[1]

  1. 1,0 1,1 "Mostra de Teatro Daniel Cortezón - Novas. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2019-10-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]