Dagon, a seita do mar
Dagon, a seita do mar | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dagon |
Director | Stuart Gordon |
Produtor | Carlos Fernández Julio Fernández Miguel Torrente Brian Yuzna |
Guión | Dennis Paoli |
Baseado en | Dagon e The Shadow Over Innsmouth, de H. P. Lovecraft |
Intérpretes | Ezra Godden Francisco Rabal Raquel Meroño |
Música | Carles Cases |
Fotografía | Carlos Suárez |
Montaxe | Jaume Vilalta |
Distribuidora | Filmax International |
Estrea | ![]() ![]() ![]() |
Duración | 95 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Terror |
Orzamento | $4 200 000 |
Lingua | Inglés Galego |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Dagon, a seita do mar (en inglés: Dagon, en castelán: Dagon, la secta del mar) é un filme dirixido por Stuart Gordon en 2001 baseado nunha historia de H. P. Lovecraft. Foi rodada en Combarro e estreada no Festival de Sitges.
Este filme estreouse nos cines con dobraxe en galego (en 5 salas) o 31 de outubro de 2001,[1][2] e tamén se estreou o 12 de outubro de 2022 a través de Netflix, onde se puxo a disposición da versión en galego para o seu visionado.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Paul e a moza Barbara están celebrando cunha viaxe en barco o éxito da súa nova empresa co seu socio Howard, e a esposa deste, Vicki. Tras chocar o barco, Vicki queda atrapada nos restos e Paul e Barbara deciden ir á vila máis próxima para buscar axuda. Este lugar, chamado Imboca, parece deserto ata que aparecen algúns estraños habitantes cos que volven ao barco. Cando chega na el Howard e Vicki desapareceron e logo Barbara é secuestrada. Fuxindo dos habitantes de Imboca, Paul descobre o segredo: son adoradores de Dagon, un demo mariño.
Elenco de dobraxe
[editar | editar a fonte]Personaxe | Actor orixinal | Actor de dobraxe |
---|---|---|
Paul Marsh/Pablo Cambarro | Ezra Godden | Antón Olmos |
Ezequiel | Francisco Rabal | Ramiro Taboada |
Barbara | Raquel Meroño | Nora Abad |
Uxía Cambarro | Macarena Gómez | Ana Lemos |
Howard | Brendan Price | Fermín Encinar |
Voz en off | – | |
Vicki | Birgit Bofarull | Miriam Aldrey |
Sacredote | Ferran Lahoz | Matías Brea |
Rapaz | Jorge Luis Pérez | Carolina Vázquez |
Produción
[editar | editar a fonte]O filme é unha produción de Castelao Producciones, Estudio Picasso e Fantastic Factory (Filmax).[4] Algúns entrevistadores preguntaron se era difícil convencer a Raquel Meroño de que sería encadeada pola forza e colgada espida como parte do seu papel. Como dixo Stuart Gordon: "Nunca fixo unha escena de espidos. É unha gran estrela da televisión en España", polo que para ela facelo foi moi valente e tamén moi esixente fisicamente".[5]
Recepción
[editar | editar a fonte]A película estreouse nas salas españolas o 31 de outubro de 2001; estreando en 117 salas e na posición 20 na súa primeira fin de semana onde recadou 101.273 dólares por unha media de 860 dólares. A película recaudaría máis tarde 43.773 dólares, o que o elevaría a 145.046 dólares, ou 212.699 euros en moeda española.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Voz de Galicia". Consultado o 25 de xaneiro de 2025.
- ↑ "La Voz de Galicia". Consultado o 25 de xaneiro de 2025.
- ↑ @Fansubgalego, ed. (12 de outubro de 2022). ""Dagon, a seita do mar" en Netflix". Consultado o 17 de outubro de 2022.
- ↑ "Dagon: la secta del mar". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 2025-01-25.
- ↑ "digitallyOBSESSED Interviews Reboot". digitallyobsessed.com. Consultado o 2025-01-25.
- ↑ "Dagon". Box Office Mojo. Consultado o 2025-01-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)