Dacre Montgomery
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1994 (29 anos) Perth, Australia |
Educación | Mount Lawley Senior High School (en) Western Australian Academy of Performing Arts (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema |
Período de actividade | 2010 - |
|
Dacre Kayd Montgomery-Harvey, nado en Perth (Australia Occidental) o 22 de novembro de 1994, é un actor australiano. É principalmente coñecido por interpretar a Billy Hargrove na serie de Netflix Stranger Things e a Jason Scott, no reboot de 2017 Power Rangers. O 11 de xullo de 2019, lanzou un podcast titulado "DKMH", o cal presenta a súa propia poesía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de nai canadense, Judith Barrett-Lennard, e pai neozelandés, Scott Montgomery-Harvey. Ten unha irmá máis nova, Saskia. Seus pais traballaron na industria do cinema en Australia. Dacre comezou a actuar en pantalla e no teatro con nove anos.[1] Montgomery asistiu á escola Mount Lawley Senior High School na súa cidade natal. Cando Montgomery cursaba o duodécimo curso, os seus compañeiros votaron por el como "O estudante máis probábel de devir unha estrela de Hollywood" no anuario. Montgomery continuou os seus estudos nas artes dramáticas ao longo da súa educación secundaria. Montgomery obtivo o seu título de actor na WAAPA da Edith Cowan University en 2015.[2][3]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Filmes
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2011 | Betrand the Terrible | Fred | |
2015 | Godot's Clinic | Barnabus Stottle | |
2017 | A Few Less Men | Mike | |
2017 | Power Rangers | Jason Scott / Ranger vermello | |
2017 | Better Watch Out | Jeremy | |
2020 | The Broken Hearts Gallery | Nick Danielson | |
2022 | Elvis | Steve Binder | Post-produción |
Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2017–2019 | Stranger Things | Billy Hargrove | Elenco principal (tempadas 2–3) |
Vídeos musicais
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Artista | Papel | Director |
---|---|---|---|---|
2015 | "Old Souls" | Make Them Suffer | Robert | Jason Eshraghian |
2017 | "Chateau" | Angus & Julia Stone | Líder | Jessie Hill |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". 19 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2019. Consultado o 23 de maio de 2019.
- ↑ "Aussie Dacre Montgomery lands big break in Stranger Things season two". 15 de outubro de 2016. Consultado o 23 de maio de 2019.