Saltar ao contido

DUKW

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DUKW
OrixeEstados Unidos de América
Guerrassegunda guerra mundial
FabricanteGeneral Motors
Construídos21147
Anchura2.44 metros
editar datos en Wikidata ]
Un DUKW entrando en terra firme

DUKW é un camión anfibio producido durante a segunda guerra mundial polo fabricante americano GMC, popularmente no mundo anglosaxón pronúnciase duck, a palabra inglesa para parrulo. O vehículo baséase no camión GMC ACKWX, unha versión do GMC CCKW. Estaba equipado cun motor de gasolina de seis cilindros en liña de 4416 litros, cunha potencia de 91,5 cabalos. Tiña 9,3 m de longo, 2,4 m de ancho e 2,6 m de altura. Producíronse máis de 21.000 unidades.

O nome do modelo segue a tónica habitual de nomeado dos seus modelos empregada naquel entón por GMC:

  • D = Primeira produción: 1942
  • U = Vehículo anfibio
  • K = Tracción ás catro rodas
  • W = Rodas dobres na parte posterior