Década de 450
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século V | |||||
| |||||
|
450
- Artigo principal: 450.
- Atila ataca o Imperio Romano de Oriente.
- 25 de agosto — Marciano é proclamado emperador do Oriente romano por Aspar, magister militum (xeneral), e Pulqueria, emperatriz.
Arte e cultura
451
- Artigo principal: 451.
- Os hunos, ao mando de Atila, cruzan o río Rin.
- Xenoveva, patroa de París (Francia), deféndea contra os hunos.
- 20 de setembro - Batalla dos Campos Cataláunicos: visigodos, francos e romanos, aliados, derrotan a Atila, rei dos hunos.
- Os visigodos elixen a Turismundo como rei, sucedendo a Teodorico I (até 453).
452
- Artigo principal: 452.
- O Papa León I Magno sae ao encontro de Atila e faino desistir do saqueo de Roma
- 11 de decembro - Grávase a derradeira inscrición coñecida na escritura demótica exipcia, na illa de Filae.
453
- Artigo principal: 453.
Asia
- Ankō convértese no 20º emperador do Xapón.
Europa
- Iníciase o reinado de Teodorico II, monarca dos visigodos (até 466).
- IV Concilio Ecuménico de Calcedonia.
454
- Artigo principal: 454.
- O emperador Valentiniano III envía unha embaixada aos suevos.
- Ostrogodos e xépidos rebélanse contra os fillos de Atila, que son vencidos, ao mando dos seus hunos, na batalla de Nedao, na Dalmacia.
- Os ostrogodos aséntanse na Panonia e na Tracia como federados do Imperio romano.
455
- Artigo principal: 455.
Asia
- India: Skandagupta sucede a Kumaragupta como monarca do imperio Gupta.
Mundo Mediterráneo
- 16 de marzo : Asasinato de Valentiniano III e inicio do goberno de Petronio Máximo, emperador romano de Occidente.
- 2 de xuño - 16 de xuño - Saqueo de Roma: os vándalos, chegados desde África norte, so o mando de Xeiserico (ou Xenserico), toman Roma e sométena a pillaxe, pasando logo para Sicilia. Xeiserico torna para África cun enorme botín e numerosos cativos, incluíndo a viúva e as fillas do que fora emperador, Valentiniano III.
456
- Artigo principal: 456.
- O Papa León I obtén do rei vándalo Xenserico clemencia para os romanos
- Capua, Italia, é destruída polos vándalos.
- O emperador romano Avito é apresado en Piacenza polos xenerais Ricimero e Maioriano, sendo deixado morrer de fame por este último.
- 5 de outubro - Batalla do Órbigo: as beiras dese río, cerca de Astorga, os visigodos, dirixidos por Teodorico II, derrotan as tropas suevas, mandadas polo rei Requiario, que regresaban de correría pola provincia Cartaxinense.
- 27 de outubro - Teodorico II saquea Braga, capital do reino suevo.
457
- Artigo principal: 457.
- León I convértese en Emperador do Imperio Bizantino.
- Maiorano convértese no novo emperador romano de Occidente (até 461).
- Khilderico I convértese en Rei dos Francos Salios.
- Os burgundios toman a cidade de Lugdunum ([hoxe [Lión]]) na Galia.
- Teodorico I, rei visigodo, saquea Asturica Augusta (hoxe Astorga) e Pallantia (Palencia).
- Os godos prenden a Requiario, rei dos suevos, en Portucale (Porto) e lévano perante o seu rei, Teodorico I, quen ordena matalo.
458
- Artigo principal: 458.
- Maioriano emperador romano de Occidente,recupera Lugdunum (Lión), na Galia, ocupada no ano anterior polos burgundios.
459
- Artigo principal: 459.
Asia
Europa