Dáctilo (mitoloxía)
Na mitoloxía grega, os Dáctilos (en grego antigo Δάκτυλοι Dáktyloi "Dedos") foron unha raza arcaica de homiños fálicos relacionados coa Gran Nai, ben Cibeles ou ben Rea.
Os Dáctilos eran antigos ferreiros e feiticeiros curadores. Nalgúns mitos aparecen traballando para Hefesto, e ensinaron a traballar os metais, as matemáticas e o alfabeto aos humanos.
Cando Rea, a nai dos deuses, souboo que o momento do parto lle chegara, marchou a unha cova sagrada do monte Ida, na Frixia. Cando se encrequenaba para parir, cravou os seus dedos na terra (Xea), o que deu orixe a estes chamados Δάκτυλοι Ἰδαῖοι Dáktyloi Idaĩoi, "Dedos Ideos",[1] Non se sabe exactamente cantos eran. Algúns dicían que eran dez; outros que ern unha raza ue contaba con dez decenas. Porén a miúdo dícíase quee eran tres (ou trinta e tres).
Noitas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os Dedos do monte Ida.