Cullergondo, Abegondo
Cullergondo | |
---|---|
Pazo da Cerca. | |
Concello | Abegondo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°12′46″N 8°13′56″O / 43.2127, -8.2321 |
Área | 4,61 km² |
Poboación | 130 hab. (2022) |
Densidade | 28,2 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Cullergondo[1] é unha parroquia do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha superficie de 4,61 km². Segundo o IGE, en 2022 tiña 130 habitantes (62 homes e 68 mulleres)[2] distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 168 habitantes.
Cultura
[editar | editar a fonte]Topónimo
[editar | editar a fonte]Cullergondo é un topónimo que data de entre o século VII e X. Para algúns autores é un antropónimo de orixe xermánica. Para outros, é un que ten cando menos unha parte da súa orixe en termos latinos. Propúxose que sería unha combinación do termo latino "culler" e o "-gondo" prerromano; ou incluso un derivado do termo latino para referirse aos cágados ou cullaropos.[3][4][5][6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abegondo
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cullergondo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cullergondo no concello de Abegondo (A Coruña) | |
---|---|
Centro de Aldea | A Cerca | Cima de Vila | Figueiras | Souto Calvo | Xuanzo |
Parroquias de Abegondo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-06-27.
- ↑ Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- ↑ Piel, J.M (1947). "Nomes de "possessores" latino-cristaos na toponimia asturo-galego portuguesa". Biblos. Revista da facultade de Letras da Universidade de Coimbra. volume = Vol. XXIII (Coimbra): 143–202, 233–407.
- ↑ Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.