Crema pasteleira
Aparencia
A crema pasteleira ou simplemente crema é unha crema elaborada con xemas de ovo, azucre, leite e fariña, e aromatizada con vainilla, canela ou rela de limón, que se emprega para reencher ou decorar tortas e pasteis[1].
É a base de moitas cremas tradicionais como:
- a crema catalá
- a crème brûlée
- a crema de ovo
- a custard británica
Emprégase a miúdo como recheo de pasteis.
Variantes
[editar | editar a fonte]A partir da crema pasteleira pódense elaborar diversas cremas derivadas. Estas son algunhas:
- Crema pasteleira de sabores: é unha crema pasteleira á que se lle engade, segundo o caso, cacao, esencia de café ou café solúbel, ron ou whisky ou outros licores, esencia de limón ou laranxa etc.
- Crema cocida lixeira: á crema pasteleira morna engádenselle claras de ovo a punto de neve.
- Crema Saint-Honoré ou crema Chiboust: é unha mesntura de crema pasteleira e merengue italiano.
- Crema diplomática: á crema pasteleira engádeselle crema chantillí. É unha variante da anterior.[2]
- Crema muselina: crema pasteleira con manteiga.
- Crema frangipane: crema pasteleira mesturada con crema de améndoa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ Gastronomía & Cía (24 de abril de 2011). "Crema diplomática" (en español). Consultado o 11 de novembro de 2012.