Cróquet
Aparencia
O cróquet apareceu como un xogo e actualmente constitúe un deporte competitivo que consiste en golpear bólas de madeira ou plásticas cun mazo a través dos aros encaixados na herba do campo no que se xoga. O xogo foi inventado ao parecer en Irlanda cara a 1830 e levado a Inglaterra como pasatempo da aristocracia cara a 1850. Puido evolucionar dun antigo xogo denominado Pall mall. O cróquet xógase nos Estados Unidos, Australia e Francia e aínda que non é popular si mantén seguidores fieis. Xogouse nas Olimpíadas de 1900 e unha variedade desenvolvida nos Estados Unidos, o roque, xogouse nas de 1904. Outras variantes do cróquet son o eXtreme Croquet e o Biclycle Croquet.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |